Falarán Manuel Requeijo, alcalde do Concello de Muras, e Damián Copena, profesor axudante doutor do Departamento de Economía Aplicada da USC

Os Encontros de Lúa Chea, un programa de debate sobre cuestións de actualidade organizado polo colectivo universitario Proxéctate en Galego e incluído este ano na programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, ofrece o xoves 19 de outubro, a partir das 19.30 horas, na cafetaría da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra, un foro de debate ao redor da 'Demanda enerxética, dos eólicos e territorio'.
Falarán Manuel Requeijo, alcalde do Concello de Muras, e Damián Copena, profesor axudante doutor do Departamento de Economía Aplicada da USC.
O encontro está coordinado pola Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría.