Pasar al contenido principal

Unha xornada analiza a revalorización de subprodutos agroforestais como ingredientes en cosméticos ecolóxicos

Na segunda parte da xornada desenvolveuse un taller de cosmética natural
Na segunda parte da xornada desenvolveuse un taller de cosmética natural
Foi unha actividade organizada dende o Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento de Solucións Analíticas (LIDSA) e contou con financiamento do Consello Social
Santiago de Compostela

A Facultade de Química acolleu unha xornada sobre ‘Revalorización de subprodutos agroforestais como ingredientes en cosméticos ecolóxicos: sinerxías entre a investigación e a empresa’, organizada dende o Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento de Solución Analíticas do Departamento de Química Analítica (LIDSA) da man da súa investigadora colaboradora Laura Rubio Lareu, responsable de calidade en i-Grape Laboratory. Esta iniciativa foi seleccionada polo Consello Social da USC, xunto con outras dez actividades máis, para recibir financiación a través do seu programa de axudas na convocatoria do ano 2023. A presente actividade contou cunha grande acollida por parte de estudantes, investigadores e público en xeral.

O encontro permitiu dar visibilidade e achegar á sociedade cun enfoque sinxelo e divulgativo tanto a investigación como os traballos de empresas en materia de cosmética e, concretamente, cosmética elaborada con produtos ou subprodutos ecolóxicos dotándoos dun valor engadido e innovación.

Nun primeiro bloque, a xornada integrárona charlas divulgativas sobre a investigación na análise de produtos cosméticos ou extractos naturais obtidos da revalorización de subprodutos agroalimentarios ou agroforestais e sobre a experiencia dunha empresa de produtos ecolóxicos. Este bloque rematou cunha mesa redonda sobre a visión da cosmética natural. Na segunda parte desenvolveuse un taller de cosmética natural que tiña como finalidade amosar a aplicación práctica e directa na vida real desta alternativa, impartido por socias da empresa Milhulloa Sociedade Cooperativa Galega.

Foto de familia das persoas asistentes
Foto de familia das persoas asistentes
Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.10.2023.