Pasar al contenido principal

A USC colabora na organización da fase final da Olimpíada Matemática Española en Ourense

Olimpíada Matemática 2017
Olimpíada Matemática 2017
Disputarase este venres 22 e o sábado 23 coa maior participación de alumnas da súa historia

A USC colabora coa Real Sociedade Matemática Española (RSME) na organización das probas finais da fase nacional da LV Olimpíada Matemática Española (OME) que se celebrará entre o venres 22 e o sábado 23 en Ourense coa maior proporción de chicas rexistradas ata a actualidade. O profesor da Facultade de Matemáticas da USC Felipe Gago preside o comité organizador desta competición na que tomarán partido dez rapazas xunto outros 68 estudantes de Bacharelato e 4º da ESO, unha cifra que supera amplamente a participación do ano pasado (cando concorreran catro alumnas), ao tempo que eleva a representación feminina por riba do 10% do total. En opinión da presidenta da Comisión de Olimpíadas da RSME, María Gaspar, “esta barreira parecía infranqueable e sen dúbida ten contribuído á superala a participación española, dende hai catro ano, na Olimpíada Feminina Europea”.

Dos 78 concursantes, 53 cursan 2º de Bacharelato, 21 son de 1º de Bacharelato e outros catro, os máis novos, estudan 4º de ESO en Cidade Real, Huelva, Xaén e Valencia. A delegación máis numerosa corresponde a Andalucía, con 12 estudantes, mentres que Cataluña e Madrid contan con nova cada unha. Á Comunidade Valenciana corresponden outros seus, mentres que o resto de comunidades leva a tres estudantes, excepto Ceuta e Melilla, cun representante cada unha. Concretamente Galicia estará representada por Júlia Misaki Anguera Zemba, de Culleredo; Pablo Manuel Piñeiro Insua, de Boiro; e Roi Vence Nogueira, de Santiago de Compostela.

As dez chicas proceden de Andalucía, Asturias, Cantabria, Cataluña, Estremadura, Galicia, Canarias, Melilla, Navarra e País Vasco. Por vez primeira compite un estudante procedente dun centro español no estranxeiro, concretamente de Moscú, que realizou as probas da fase local baixo supervisión da Embaixada española.

Os participantes disporán de tres horas e media cada un dos días para resolver un total de seis problemas (tres en cada xornada) formulados pola comisión de olimpíadas e nos que deberán poñer en práctica todo o seu enxeño e creatividade sen posibilidade de utilizar calculadoras, aparatos electrónicos ou libros. Esta fase nacional premiará con medallas de ouro (6), prata (12) e bronce (18) aos 36 primeiros clasificados. Aquelas/as seis participantes que consigan Medalla de Ouro formarán o Equipo Olímpico de España na 60ª Olimpíada Internacional de Matemáticas, que terá lugar en Bath (Reino Unido) do 15 ao 21 de xullo.

O presidente da RSME, Francisco Marcellán, recoñeceu o apoio recibido este ano por parte do Ministerio de Educación e Formación Profesional na organización desta fase nacional. “Para a RSME, o impulso do talento científico e matemático constitúe unha prioridade absoluta dende a nosa fundación en 1911, e dende esa filosofía traballamos con profesores e estudantes de forma completamente altruísta e voluntaria para alcanzar o seu máximo potencial”. Na súa opinión, “este obxectivo debe ser unha responsabilidade compartida polas administracións públicas, sen dilacións e con compromisos estables no tempo, así como pola sociedade no seu conxunto, especialmente á hora de contribuír ao recoñecemento e a visibilidade do enorme esforzo que estes rapaces e os seus docentes realizan”.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.03.2019.