Pasar al contenido principal

Marta Macho Stadler, este venres na xornada Mulleres na Ciencia

Marta Macho Stadler, este venres na xornada Mulleres na Ciencia
Marta Macho Stadler, este venres na xornada Mulleres na Ciencia

A Oficina de Igualdade de Xénero e a Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas en Galicia (AMIT-Gal) organizan este venres 1 de decembro a III Xornada Mulleres na ciencia, que se desenvolverá ás 16.00 horas na Aula Magna da Facultade de Matemáticas.

O encontro contará nesta ocasión coa participación de Marta Macho Stadler, profesora da Universidade do País Vasco, divulgadora científica e editora do blog Mujeres con ciencia, que pronunciará a conferencia ‘Mulleres con ciencia: ciencia sen mulleres?’. Tras ela terá lugar a asemblea de AMIT-Galicia.

Marta Macho é licenciada en Matemáticas pola Universidade do País Vasco (UPV/EHU) e obtivo o Diploma de Estidos Avanzados en Matemáticas Puras pola Université Claude Bernard de Lyon (Francia), onde se doutorou en 1996. Actualmente é profesora agregada de Xeometría e Topoloxía na UPV/EHU.

Dende hai anos participa en numerosas actividades en pro da divulgación das matemáticas, a cooperación ao desenvolvemento e a visibilidade das mulleres nas matemáticas, a ciencia e a tecnoloxía. Non en van, Marta Macho formou parte da Comisión de Mulleres e Matemáticas da Real Sociedade Matemática Española (RSME) de 2004 a 2009 e coordina o ciclo ‘ Ellas hacen ciencia’ que acolle cada ano a biblioteca Bidebarrieta de Bilbao. É ademais coautora de ‘ Mujeres en la Ciencia’, una guía didáctica sobre o papel das mulleres na historia da ciencia.

En 2015 recibiu o Premio Igualdade da Universidade de Alacante polas súas accións a favor da visibilización das achegas das mulleres científicas no progreso social e a Medalla da RSME polo seu labor de divulgación das matemáticas, o seu compromiso coa igualdade e por tender pontes entre o profesorado de diferentes niveis educativos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.11.2017.