Premio de curtas de comedia en galego.
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación convoca o certame "Somos a curta!", dirixido a premiar a mellor peza audiovisual curta de comedia en galego presentada por calquera alumno ou grupo de alumnos das universidades galegas, das titulacións impartidas nas escolas oficiais de Imaxe e Son ou da titulación de bacharelato artístico de calquera dos institutos de educación secundaria de Galicia.
Trátase dunha proposta para a CNL da Liga Estudantil Galega da Facultade de Ciencias da Comunicación, que conta co apoio técnico do Servizo de Normalización Lingüística.
Obxectivos
Os obxectivos con que convoca este premio son:
-
Promover o uso da lingua galega como vehículo para a creatividade dos novos valores do audiovisual galego.
-
Premiar os dotes lingüísticos, técnicos, artísticos e humorísticos dos estudantes galegos.
-
Gozar dunha xornada de humor na nosa lingua.
Prazo
O prazo para presentar as propostas remata o día 25 de novembro de 2011.
Premio
O premio está dotado con 600 euros e diploma honorífico.
O xurado
- O actor Miguel de Lira
- O crítico e director Xurxo González
- O profesor e membro da CNL Xosé López
- A profesora e membro da CNL Marta Pérez Pereiro
As pezas presentadas ao concurso exhibiranse ao público nunha gala, que se celebrará na Facultade de Ciencias da Comunicación o 14 de decembro de 2011.
Propostas presentadas a concurso
- As relacións son difíciles
- Cagarrúas
- Control de sono
- Dobre ou nada
- Far Blues
- Lectura pracenteira
- Longa noite de verga
- O asasino do pan
- O crepúsculo de Von Carter
- O estudante vetusto
- Pericosis
- Xizeitor
Vídeos finalistas
- Longa noite de verga
- Lectura pracenteira
- O crepúsculo de Von Carter
- Xizeitor
- Pericosis
O prazo para presentar as propostas remata o día 25 de novembro de 2011.
Longa noite de verga, de Anxo Franco e Iago Seoane