Escola Técnica Superior de Enxeñaría, 2022
Premio de creación de vídeos sobre enxeñería informática e química.
A Comisión de Normalización Lingüística da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística da USC, convoca o concurso de vídeos VÍDEO-ENXEÑOS, cuxos obxectivos son:
- Promover o uso do galego entre o alumnado das titulacións da ETSE.
- Visibilizar as titulacións de grao e mestrado do centro e mellorar o coñecemento da ETSE pola sociedade.
- Divulgar entre a sociedade galega aspectos interesantes da enxeñaría informática e da enxeñaría química.
- Estimular a creatividade do estudantado cos medios audiovisuais.
Pode participar no concurso o alumnado de ETSE do curso 2021-2022, para o cal deberá presentar un vídeo en galego de entre 2 e 3 minutos, que poderán ser de carácter xeral sobre algún aspecto ou temática emerxente dos estudos impartidos na ETSE, divulgativos ou proxectos educativos para o ensino secundario.
O prazo de presentación remata o día 29 de abril de 2022.
Hai catro premios por valor de 325 euros cada un.
O prazo de presentación remata o día 29 de abril de 2022.