Pasar al contenido principal

Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la política de cookies.

CNL da Facultade de Ciencias da Comunicación

Xornadas da Facultade de Ciencias da Comunicación.

  • A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación organiza as xornadas "Os medios en galego, importan?" artelladas arredor da importancia de contarmos con medios de comunicación propios e na nosa lingua para a saúde da identidade e da cultura galegas.

    Nelas, representantes dos medios de comunicación, profesionais dos medios e investigadores e investigadoras analizarán e reflexionarán sobre as pexas e as posibilidades da existencia de medios de comunicación na nosa lingua.

    Programa

    Día 8 de novembro (martes)
    10:00-11:00 Axudas institucionais á prensa galega. Alfonso Cabaleiro. Secretario Xeral de Medios
    11-12:30 Axudas institucionais á prensa. María Isabel Fernández. Universitat Autònoma de Barcelona
    13:00-14:00 Publicidade e viabilidade comercial da prensa en galego. José Luis Gómez / Emma Torres. Universidade de Vigo
    16:30- 18:00 Os lectores e os xornalistas. Difusión e lectura real da prensa en Galicia. Óscar Juanatey. Universidade da Coruña / Miguel Túñez. Informe do Consello da Cultura
    18:30-19:30 Novos proxectos de prensa en galego. Sermos Galiza / Praza Pública / Tempos Dixital

    Día 9 de novembro (mércores)
    16:30-17:30 Prensa escrita en galego. Alfonso Riveiro. De luns a venres / Xosé López. Universidade de Santiago
    17:30-18:30 (Novos) modelos de prensa en galego. Galicia Hoxe / Galicia confidencial / Novas da Galiza
    19:00- 20:30 Modelos de financiamento do audiovisual e políticas públicas. Antonio Mourelos. Presidente da Academia do Audiovisual / Juan Carlos Fernández Fasero. Director do AGADIC / Cristina Mouriño.

    Día 10 de novembro (xoves)
    16:30- 17:30 Modelos de éxito na televisión en galego. Antón Reixa / Araceli Gonda / Xosé Carlos Ares
    17:30 -18:30 Radio en galego. Radio Galega / EMUGA / COPE / SER
    19:00-20:00 Cinema en galego. Antón Dobao / Lara Rozados, Cineclube Compostela / Xosé Manuel Sande
    20:00-20:30 Conclusións e clausura. Marta Pérez Pereiro. Presidenta da Comisión de Normalización. Facultade de Ciencias da Comunicación

    Prazas

    Conta con 90 prazas que se cubrirán por orde de inscrición. Ás persoas matriculadas enviaraselles un correo electrónico de confirmación o 7 de novembro.

    Recoñecemento académico

    Todos os asistentes (haberá control) terán un diploma de asistencia e bo aproveitamento por 16 horas. Está solicitado un crédito de libre configuración para todas as titulacións da USC. Para completar ata as 30 necesarias para o recoñecemento do crédito de libre configuración, os estudantes deberán presentarlle á responsable académica da actividade, para a súa avaliación, un traballo que aborde as cuestións tratadas durante as xornadas, antes do 18 de novembro de 2011.

    Trátase dunha proposta para a CNL da Liga Estudantil Galega da Facultade de Ciencias da Comunicación, que conta co apoio técnico do Servizo de Normalización Lingüística.

  • 8-9-10 de novembro de 2011

    Matrícula

    Pódeste matricular de balde, dende aquí, a través da Secretaría Virtual, entre o 17 de outubro e o 3 de novembro. Se tiveres algún problema na xestión da matrícula ponte en contacto co Centro de Atención a Usuarios, na extensión 55555 (horario de 8 a 22 horas) ou a través do formulario de incidencias, mediante o cal se procesan inmediatamente as 24 horas do día.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.10.2023.