Pasar al contenido principal

Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la política de cookies.

CNL da Facultade de Ciencias da Educación 2024
Educación e Linguas

Xornadas de reflexión sobre distintas experiencias no ámbito educativo e sobre o labor normalizador e desnormalizador da educación en Galicia

  • A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación e o Servizo de Normalización Lingüística organizan unhas novas Xornadas "Educación e Linguas en Galicia", que se desenvolverán os días 26 e 27 de setembro de 2024 na Facultade de CC. da Educación.

    Programa de actividades:

    Xoves 26/09/2024:

    16-16:30: Inauguración das Xornadas

    16,30-17:45: Valentina Formoso Gosende: "Contextos, desafíos, estratexias: perspectivas sobre a normalización lingüística"

    18-19:15: Gabino Vázquez-Grandío: Accións do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega a prol da normalización lingüística desde o ensino. O programa piloto "Modo galego, actívao!"

    19:30-21 Mesa de experiencias: Pilar Ponte (21 días co galego), Rosa Cuñarro (técnica de normalización lingüística do concello de Ames), Isabel Pereiro Vila (Ágora Aberta)

     

    Venres 27/09/2024:

    16-17:15: Luís López Alonso: "O ensino e a (des)normalización lingüística"

    17:30-18:45: Alberto Pombo e Arcadio González: "Aquí tamén se fala galego", proxecto normalizador levado do IES Rafael Dieste (A Coruña), premio "Mil primaveras" da Comisión de Técnicos/as de Normalización Lingüística, premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña, premio FEAE á innovación educativa

    19-20:30: Mesa de experiencias "Aquí tamén se fala": Mónica Reigía, Alberto Pombo, Arcadio González

    20:30-21: Conclusións e clausura das Xornadas

     

    Prazas

    Para inscribirte, podes facelo a través deste formulario.

    O número máximo é de 200 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición. 

    O número mínimo para celebrar as xornadas é de 40.

     

    Recoñecemento da actividade

    A USC emitiralles un diploma de asistencia da actividade, no cal figurará o número de horas presenciais (9 horas), a todas aquelas persoas inscritas que asistan.

  • XORNADAS LINGUA E EDUCACIÓN

    Facultade Ciencias da Educación 2024

     

    Destinatarios:

    - Alumnado dos Graos de Infantil e Primaria e do Máster de Profesorado

    - Profesorado da Facultade

    - Profesorado en activo de Infantil, Primaria e Secundaria

    Obxectivos:

    - Reflexionar sobre a situación da lingua galega na sociedade e na educación

    - Valorar resultados dos modelos de educación bilingüe e plurilingüe en Galicia

    - Presentar e analizar experiencias innovadoras orientadas á normalización lingüística e a promoción da lingua galega: "Modo galego,actívao! "Aquí tamén se fala".

    - Extraer conclusións e propostas para unha educación plurilingüe integradora e promotora da lingua propia

    Programa de actividades:

    Xoves 26/09/2024:

    16-16:30: Inauguración das Xornadas

    16,30-17:45: Valentina Formoso Gosende: "Contextos, desafíos, estratexias: perspectivas sobre a normalización lingüística"

    18-19:15: Gabino Vázquez-Grandío: Accións do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega a prol da normalización lingüística desde o ensino. O programa piloto "Modo galego, actívao!"

    19:30-21 Mesa de experiencias: Pilar Ponte (21 días co galego), Rosa Cuñarro (técnica de normalización lingüística do concello de Ames), Isabel Pereiro Vila (Ágora Aberta)

     

    Venres 27/09/2024:

    16-17:15: Luís López Alonso: "O ensino e a (des)normalización lingüística"

    17:30-18:45: Alberto Pombo e Arcadio González: "Aquí tamén se fala galego", proxecto normalizador levado do IES Rafael Dieste (A Coruña), premio "Mil primaveras" da Comisión de Técnicos/as de Normalización Lingüística, premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña, premio FEAE á innovación educativa

    19-20:30: Mesa de experiencias "Aquí tamén se fala": Mónica Reigía, Alberto Pombo, Arcadio González

    20:30-21: Conclusións e clausura das Xornadas

  • A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación e o Servizo de Normalización Lingüística organizan as VI Xornadas "Educación e Linguas en Galicia. 10 anos do Decreto do Plurilingüismo", que se desenvolverán os días 7 e 8 de novembro de 2019 na Facultade de CC. da Educación (Campus Norte e Campus Sur), co obxectivo principal de analizar a implementación e as consecuencias do Decreto do Plurilingüismo, en particular:

    • Reflexionar sobre o alcance do Decreto do Plurilingüismo (avances, chanzos, dificultades, futuro...).
    • Coñecer e valorar a implementación do decreto en centros dos diversos niveis do ensino
    • Reflexionar verbo da consecución das competencias lingüísticas por parte do alumnado nas diversas etapas educativas, desde infantil ata a universidade
    • Reflexionar sobre a capacitación lingüística dos futuros profesionais do ensino

    O destinatario principal destas xornadas son o alumnado e o PDI das titulacións impartidas na Facultade de Ciencias da Educación.

    Prazas

    O número máximo é de 200 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición. O número mínimo para celebrar as xornadas é de 40.

    Recoñecemento da actividade

    A USC emitiralles un diploma de asistencia da actividade, no cal figurará o número de horas presenciais (9 horas), a todas aquelas persoas inscritas que asistan.

  • Programa

    Venres 25 de outubro

    9:00 - 9:30 Recepción e recollida de documentación

    9:30 - 9:45 Inauguración

    9:45 - 11:30 Dalila Dopazo, Maxistrada do Xulgado do Social de Lugo: 30 anos da Lei de normalización lingüística. Análise do seu cumprimento (conferencia)

    12:00 - 14:00 30 anos da Lei de normalización lingüística na educación (mesa de experiencias)

    • Xosé Luis Janeiro Espiñeira (Universidade de Vigo): A lingua galega no ensino: Reflexións sobre os decretos que desenvolven a LNL
    • Rosalía Fernández Rial: O galego no ensino dende o punto de vista do alumnado
    • Isabel Vaquero Quintela: O galego no ensino universitario

    16:00 - 18:00: Grupos de traballo en paralelo (máximo de 25 participantes por grupo)

    18:30 - 21:00. Cinefórum: Vilamor 
     

    Sábado 26

    09:30 - 11:00 O galego en diversos ámbitos sociais (mesa de experiencias)

    • Mercedes Barrientos (Federación Galega Taekwondo): O galego no deporte
    • Disquecool: O galego na empresa
    • Belén Regueira (CRTVG): O galego na comunicación

    11:30 - 13:00  Eppur si muove... (mesa de experiencias)

    13:00 - 14:30 Conclusións

    14:00 - 14:30 Entrega de diplomas

    Prazas

    O número máximo é de 200 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición. O número mínimo para celebrar as xornadas é de 40.

    Recoñecemento académico

    A USC emitiralles un diploma de asistencia da actividade, no cal figurará o número de horas presenciais (9 horas), a todas aquelas persoas inscritas que asistan.
     
    Haberá control de asistencia.
  • Programa

    Venres 19 de outubro

    9:00 – 9:30 Recepción e recollida de documentación

    9:30 – 9:45 Inauguración

    9:45 – 11:15 Mariló Candedo Gunturiz (Facultade de Ciencias da Educación da UDC e presidenta de Nova Escola Galega): O plurilingüismo e o Decreto do plurilingüismo(conferencia)

    11:45 – 14:00 O Decreto do plurilingüismo e a súa aplicación en centros de ensino non plurilingües (táboa redonda)

    • •    Begoña Villaverde, nai, CEIP Pío XII (Compostela)
    • •    Ánxela Trillo Díaz, profesora, Compañía de María (Compostela)
    • •    Mª Dolores Oubiña Millán, profesoras, EEI A Pastora (Cambados)
    • •    Antón Amil, profesor, IES Otero Pedrayo (A Coruña)
    • •    Helena Gómez Vecino, presidenta da federación provincial de ANPAS

    16:00 – 18:00 O Decreto do plurilingüismo e a súa aplicación en centros de ensino plurilingües (táboa redonda)

    • Lois Trigo, director, CEIP López Ferreiro (Compostela)
    • Xabier Castro, director, IES Virxe do Mar (Noia)
    • Francisco Díaz, profesor, asesor do CFR de Pontevedra
    • Ana Castro Pardo, nai, CEIP Quiroga Palacios (Compostela)
    • Laura Prego de Oliver, alumna, IES de Ames

    18:00 – 21:00 Cinefórum: Crebinsky(Logo da proxección do filme haberá un coloquio con membros do equipo)

    Sábado 20 de outubro

    09:30 – 11:00 José Manuel Vez Jeremías (Facultade de Ciencias da Educación da USC e director do Observatorio Atrium linguarum): Ensino plurilingüe: quo vadis?

    11:30 – 13:30 Grupos de traballo en paralelo (máximo de 25 participantes por grupo)

    13:30 – 14:00 Conclusións

    14:00 – 14:30 Clausura e recollida de diplomas

  • Programa

    Venres 25 de novembro

    9:00 – 9:30 Recepción e recollida de documentación

    9:30 – 9:45 Inauguración

    9:45 – 11:00 Manuel C. Núñez Singala (director do SNL da USC): Simplificacións sobre a lingua galega (conferencia)

    11:30 – 14:00 Grupos de traballo en paralelo (máximo de 25 participantes)

    16:00 – 18:00 En galego, sen complexos (I) (táboa redonda)

    • Valentina Formoso Gosende (CENDL): A experiencia dos ENDL
    • Carolina Díaz, SNL (Concello de Vigo): A experiencia do Concello de Vigo en integración lingüística da inmigración
    • Malú Bergantiños Pascual (responsable de comunicación de R): A experiencia de R
    • Duarte Crestar Pena (Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia): Coa educación social na lingua

    18:00 – 18:30 Conclusións dos grupos de traballo

    19:00 – 21:00 Grupo de teatro da Facultade

    Sábado, 26 de novembro

    09:30 – 11:00 Ser plurilingüe: sumar, non restar (conferencia): Artur Noguerol (Universitat Autónoma de Barcelona) e Rosa Maria Ramírez Palau (Escola Vila Olímpica de Barcelona)

    11:30 – 13:30 En galego, sen complexos (II) (táboa redonda)

    • Belén Regueira (xornalista)
    • Xurxo Souto (cantante, escritor e locutor)
    • Jorge Mira (catedrático de Física na USC, divulgador científico)
    • Javier Gómez Noya (triatleta, campión do mundo en 2008)

    13:30 – 14:00 Conclusións

    14:00 – 14:30 Clausura e recollida de diplomas

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.09.2024.