Pasar al contenido principal

Os novos horizontes do vacún de leite, a debate nunhas xornadas organizadas por Seragro na Facultade de Veterinaria

Cartaz das xornadas
Cartaz das xornadas

Os novos horizontes que depara o futuro para o sector gandeiro capitalizará a temática das XV Xornadas Técnicas de Vacún de Leite, un foro monográfico sobre o sector agrogandeiro promovido por Seragro e que se desenvolverá os días 9 e 10 de novembro no auditorio da Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC.

A fertilización das parcelas para o cultivo de forraxes e, nomeadamente, de millo; as claves da alimentación do gando e do seu confort nas granxas; a estrutura e a xestión dos cadros de persoal nas explotacións agrogandeiras, e o relevo xeracional son algunhas das cuestións a tratar durante a primeira xornada deste foro técnico, aberto á participación de profesionais e produtores.

A mellora rendibilidade das explotacións agrogandeiras a través do manexo alimentario e da reprodución, a recría e o futuro das directrices da Política Agraria Común (PAC) serán outros temas a tratar no marco destas xornadas técnicas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 31.10.2017.