Pasar al contenido principal

O reitor presidiu as xornadas de coordinación docente dos hospitais universitarios integrados na docencia de Medicina

O reitor presidiu as xornadas de coordinación docente dos hospitais universitarios integrados na docencia de Medicina. Foto: Servimav-USC
O reitor presidiu as xornadas de coordinación docente dos hospitais universitarios integrados na docencia de Medicina. Foto: Servimav-USC
No mesmo acto entregáronse unha serie de mencións de honra ao equipo implicado na implantación dos graos de Medicina e Odontoloxía, así como a integrantes do equipos decanais dende 2011

O reitor Juan Viaño presidiu este martes 28 as sextas xornadas de coordinación docente dos hospitais universitarios integrados na docencia do grao en Medicina, no transcurso das cales se entregaron tamén unha serie de mencións honoríficas en agradecemento polos servizos prestados ao longo dos pasados anos polo equipo encargado da implantación dos graos en Medicina e Odontoloxía e aos integrantes do equipo decanal dende 2011.

As xornadas celebráronse na Aula Magna do Pavillón Docente Roberto Nóvoa Santos coa participación do secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; do decano da Facultade de Medicina, Juan Gestal; do xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa García-Bernardo; e o subdirector da Área Médica do Hospital Clínico Universitario de Santiago, Manuel Portela. Nestas xornadas, os coordinadores docentes dos hospitais da Coruña, Vigo, Lugo, Ourense, Pontevedra e Ferrol presentaron as súas respectivas ofertas docentes ao alumnado de 5º curso que o vindeiro mes de abril debe elixir hospital onde cursar o rotatorio de 6º curso. Os profesores Víctor Arce e José Martín Carreira Tamén tamén informaron ao alumnado sobre as características e normativa para a realización da ECOE e do Traballo Fin de Grao.

Homenaxe
Conforme ao acordado pola Comisión Permanente da Facultade de Medicina e Odontoloxía, neste acto entregáronse unha serie de recoñecementos ao equipo encargado da implantación dos graos de Medicina e Odontoloxía así como aos integrantes do equipo decanal dende 2011. Recibiron o Diploma Honorífica da Facultade os/as coordinadores de curso de Odontoloxía (Estefanía Méndez, Ángela Torres, Ernesto Smith, María Jesús Mora, Purificación Varela e Mercedes Suárez); os/as coordinadores de curso e de practica clínica de Medicina (Ramón Soto, Pilar Fernández, David Araujo, Ramón Juanatey, Miguel Ángel Caínzos, Rosaura Leis, Francisco Barreiro e Miguel Gelabert); o coordinador de Atención Primaria de Santiago, José Antonio Ferreiro e os/as coordinadores docentes dos Hospitais Universitarios que participan na docencia clínica do grao de Medicina (os doutores Carlos Vázquez, da Coruña; José Ramón Fernández, de Vigo; Ángel López, de Lugo; Jesús García, de Ourense; Cristóbal Galbán de Pontevedra; e Silvia Rodríguez, de Ferrol), así como os catro delegados de cursos clínicos de Medicina (Alicia López, Claudio Rivadulla, Enrique Barbeito e Pedro Beira) aos que se recoñece o importante traballo realizado durante o deseño e implantación das practicas clínicas.

Tamén se entregou a Placa Honorífica do mesmo centro aos membros do equipo decanal destes últimos seis años: Víctor Arce Vázquez, vicedecano entre xaneiro de 2011 e xuño de 2015 e coordinador da ECOE dende o curso 2013-2014 ata a actualidade; Luís Lima Rodríguez, secretario do centro entre xaneiro de 2011 e maio de 2014; Inmaculada Tomás Carmona, vicedecana entre 2011 e 2015; José Martin Carreira Villamor, vicedecano dende 2011 ata a actualidade; Juan Antonio Suárez Quintanilla, vicedecano dende xaneiro de 2015 ata a actualidade; Ángela Torres Iglesias, vicedecana desde xuño de 2015; e María Teresa Castaño Oreja, secretaria dende maio de 2014.

A entrega destas mencións de honra recoñecen “o traballo de anos de profesores e profesoras que asumiron responsabilidades importantes para lograr que o proxecto docente e investigador da Facultade de Medicina e Odontoloxía se fraguase no que hoxe coñecemento”, valorou o reitor Viaño logo da entrega de distincións. Viaño agradeceu o presenza de todos os representantes das institucións e profesionais implicados no proceso da docencia en Medicina, ao permitir que “os futuros médicos, médicas, odontólogos e odontólogas se formen do mellor xeito posible e iso é bo para a sociedade”. “É un traballo imprescindible –engadiu- para que poidamos seguir avanzando en proxectos ilusionantes como o da construción do novo Complexo docente de Ciencias da Saúde”. O obxectivo, lembro Juan Viaño, é “crear as mellores condicións posibles para lograr o éxito dos profesionais do futuro e dos docentes e investigadores do presente”.

Na quenda de intervencións, Alicia López en representación dos delegados de cursos clínicos de Medicina destacou a importancias das prácticas clínicas e expresou o seu convencemento de que “ son prácticas de excelencia en todos os hospitais de Galicia”, aspecto que corroborou o coordinador docente no CHUVI José Ramón Fernández Lorenzo e puxo en valor a implicación dos complexos hospitalarios de Galicia. Rosaura Leis, en representación dos coordinadores de Medicina, e María Jesús Mora, de Odontoloxía, subliñaron a importancia das labores de coordinación definíndoas como a posta en común de medios e ideas, mentres que o decano Juan Gestal recoñeceu a “indispensable” implicación cotiá de todas as persoas que conforman a Facultade.

De esquerda a dereira, Eloina Núñez, Juan Gestal, Viaño, Díez de Castro e Antonio Fernández-Campa. Foto: Servimav-USC No acto os coordinadores do curso e de práctica clínica en Medicina recibiron o diploma honorífico da Facultade. Foto: Servimav-USC

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.03.2017.