Pasar al contenido principal

Dispoñible a solicitude de dixitalización de fondos dende o catálogo Iacobus

Nova funcionalidade de dixitalización no catálogo Iacobus
Nova funcionalidade de dixitalización no catálogo Iacobus
Os usuarios pertencentes a comunidade universitaria poden facer as solicitudes de reprodución de fondos directamente dende o catálogo Iacobus, premendo na opción “Dixitalización”. O formulario que se viña utilizando ata o de agora para solicitar copias dos fondos da BUSC xa non estará dispoñible.

As solicitudes de reprodución do fondo impreso non prestable da BUSC pódense realizar xa directamente dende os rexistros do catálogo Iacobus, premendo na opción “Dixitalización” dos rexistros bibliográficos. Esta funcionalidade está restrinxida aos usuarios da comunidade universitaria, mentres que os usuarios externos deberán dirixirse ao enderezo electrónico fotprest [at] usc.es para realizar as súas peticións.

Para comprobar si un documento ten opción de dixitalización é preciso iniciar sesión no catálogo. Unha vez realizada a solicitude, a copia será enviada ao enderezo electrónico do usuario no menor tempo posible.

Dixitalización

Seguindo a normativa sobre propiedade intelectual, estas solicitudes estarán limitadas a artigos de revista, capítulos de libro ou a unha extensión asimilable ao 10% da obra. O seu uso deberá ter fins de docencia ou investigación.

O formulario que se viña usando ata o de agora na web da BUSC e no catálogo para solicitar copias dos fondos xa non estará dispoñible.

Podes obter máis información no apartado da web Solicitude de reprodución de fondos impresos

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.11.2023.