Pasar al contenido principal

Os dereitos das persoas con discapacidade, a análise este martes na USC

A USC, a Valedora do Pobo e a Federación Down Galicia organizan este martes 14 unha xornada sobre os dereitos das persoas con discapacidade. Será de 10.00 a 14.00 horas na Facultade de Dereito e está dirixida ao alumnado.

Na inauguración está prevista a participación da secretaria xeral da USC, Consuelo Ferreiro Regueiro; o conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia, José Manuel Rey Varela; e a valedora do Pobo, Milagros Otero Parga. A continuación intervirá o profesor da USC e ex valedor do Pobo, José Julio Fernández, co relatorio ‘O novo paradigma dos dereitos das persoas con discapacidade’.

Seguiranlle a profesora da USC e vogal da Comisión Xeral de Codificación, María Paz García Rubio, que falará da “necesaria” modificación do Código civil en materia de protección e apoio das persoas con discapacidade, e Luis A. Gálvez Muñoz, da Universidade de Murcia, que tratará a cuestión do dereito de sufraxio activo e pasivo no marco da participación democrática.

A xornada rematará ás 12.30 horas coa mesa redonda ‘O presente e o futuro dos dereitos das persoas con discapacidade: ¿Incapacitación ou promoción da autonomía?’ na que participarán a directora xeral de Maiores e Persoas con discapacidade da Xunta de Galicia, Fabiola García Martínez; a maxistrada Sandra María Iglesias Barral; o secretario xeral do Valedor do Pobo, Fernando de Andrés Alonso; o médico forense Benito López de Abajo Rodríguez, e o presidente de Down Galicia, Delmiro Prieto González.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.03.2017.