Pasar al contenido principal

Seminario web de IEEE para autores

Imaxe: ThisisEngineering
Imaxe: ThisisEngineering
O vindeiro mércores día 15 de novembro terá lugar unha formación na que se abordarán os pasos a seguir para publicar en revistas desta editorial e facilitaranse estratexias para mellorar a visibilidade das investigacións. É necesaria inscrición previa

A editorial IEEE organiza o vindeiro mércores 15 de novembro ás 14 horas unha actividade de carácter formativo dirixida aos autores que estean interesados en publicar en revistas desta editorial. Entre os temas que se tratarán nesta sesión, destaca o proceso de envío de artigos para a publicación en acceso aberto, incluíndo a xestión das APC. Para acceder á formación é necesaria inscrición.

Este seminario web está enmarcado dentro do Acordo Transformativo asinado entre a CRUE e IEEE, a través do cal os  investigadores poderán publicar en acceso aberto os seus traballos en revistas da editora tendo descontos nas taxas de publicación.
Outros temas que se tratarán na formación serán:

  • Navegación pola páxina  RightsLink for Scientific Communications.
  • Que esperar trala aceptación do artigo.
  • Estratexias para aumentar a visibilidade da investigación.
  • Ferramentas e recursos para axudar aos autores no proceso de publicación en IEEE, incluíndo o IEEE Author Center e IEEE Xplore.

Podes atopar máis información sobre os Acordos Transformativos neste apartado da nosa web.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.11.2023.