Pasar al contenido principal

176. Onde hai patrón...

Un idioma preciso

Desde hai unhas poucas semanas, o Dicionario da Real Academia Galega incorporou unha importante modificación: permite acceder a unha sección na que se informa das "Últimas voces actualizadas" e se explica en que consistiron esas modificacións, que afectan xa a varios centos de entradas.
 

Se escribimos sobre isto aquí, é porque nuns cantos casos as novidades do Dicionario atenden a conceptos que xa trataramos desde "Un idioma preciso"; e polo menos en catro deles chegan a unha conclusión distinta á nosa, o que os leva a recomendar formas que nós desaconsellabamos. Xa actualizamos os artigos correspondentes, pero parécenos tamén interesante anotar aquí as solucións "canónicas".
 

  • Na precisión 43 analizabamos as denominacións corredor e axente no ámbito do comercio, e chegabamos á conclusión de que conviña considerar ambas como aceptables, pois designaban conceptos diferentes. Pero primeiro o Dicionario xurídico galego, e despois o Dicionario académico, optaron por recomendar corretor como a forma correcta de referirse ao primeiro deles en galego.
     
  • número 78 dedicámolo a buscar nomes galegos para o concepto que en inglés se coñece como e-learning. De entre as alternativas que barallamos parecíanos que as máis acaídas podían ser teleformaciónformación en liña e ensino en liña. Pero a Academia veo doutro xeito e acaba de recomendar aprendizaxe en liña.
     
  • Na número 88 fixámonos no uso de alias e alcume no ámbito da informática e as redes sociais, e chegamos á conclusión de que era preferible empregar unicamente a primeira desas formas. pois alcume ten unhas connotacións negativas que non parecían encaixar cos conceptos que pretendía representar. Pola contra, o Dicionario da RAG presenta alias e alcume como formas sinónimas no ámbito da informática.
     
  • precisión 138 dedicámola a valorar que nome sería preferible en galego para o dispositivo electrónico que en inglés se coñece como tablet. A nosa conclusión foi desbotar tableta, exactamente o contrario do que a Academia acaba de facer, recomendando esa forma como a apropiada.
Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.11.2023.