Pasar al contenido principal

O programa Explorer para fomentar vocacións emprendedoras amplía o prazo de inscrición ata o 19 de decembro

O programa Santander X Explorer axuda a que o estudantado conecte co seu futuro, experimentando o emprendemento como opción profesional e como forma de independencia económica. FOTO: Santander X Explorer
O programa Santander X Explorer axuda a que o estudantado conecte co seu futuro, experimentando o emprendemento como opción profesional e como forma de independencia económica. FOTO: Santander X Explorer
A USC súmase, nos seus campus de Santiago e Lugo, á nova edición dunha iniciativa que presenta o emprendemento como unha opción profesional de futuro para o estudantado
Lugo, Santiago de Compostela

A USC súmase, nos seus campus de Santiago e Lugo, a unha nova edición do programa Santander X Explorer, que leva xa catorce anos fomentando o emprendemento nas súas etapas máis temperás e apoiando a conversión de ideas en proxectos e solucións innovadoras. O programa está aberto para persoas emprendedoras de doce países (Alemaña, Arxentina, Brasil, Chile, México, EEUU, España, Perú, Portugal, Reino Unido e Uruguai) e conta, nesta edición, con Colombia como última incorporación. O prazo de inscrición finaliza o 19 de decembro.

En Santander X Explorer, cunha duración de doce semanas, as persoas participantes recibirán formación en liña sobre sesións de resolución de dúbidas con especialistas, a interacción en diversas plataformas sociais ou as talkX nas que os e as participantes debaten sobre emprendemento e mostran as súas ideas ante fundadores de startups e figuras de relevancia internacional. A formación en liña e presencial con metodoloxía “learning by doing”, a validación das ideas de negocio e o desenvolvemento das habilidades necesarias para transformar proxectos en solucións viables e sostibles son as ferramentas que atopan as persoas  participantes do programa.

O programa Santander X Explorer axuda a que o estudantado conecte co seu futuro, experimentando o emprendemento como opción profesional e como forma de independencia económica. “Durante 12 semanas, traballarás sobre a túa idea, transformándoa nunha solución que contribúa a lograr os ODS 2030”, explican dende a organización. Cun enfoque práctico e baseado en dinámicas de aprendizaxe social, Santander X Explorer está deseñado para que as persoas participantes se convertan en parte activa do cambio a través da posta en marcha de proxectos economicamente sostibles en distintas industrias, sectores e tipoloxías de organizacións. Pódese participar só/a ou en equipo (máximo, 5 persoas).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.12.2023.