Pasar al contenido principal

110. Constipados sen mocos e retraídos falangueiros

Un idioma preciso

Imaxinémonons na consulta dun médico ao que queremos contarlle os nosos problemas para ‘expulsar os excrementos do ventre’. Que palabra empregar? Cag… queda descartado, defecar parece culto de máis, facer caca queda ridículo nunha conversa entre adultos… así que case sempre acabamos tirando de eufemismos como facer de corpofacer de ventre, e outros semellantes.

O que xa resulta máis raro é que tampouco estea claro qué palabra debemos usar para referirnos a algunha desas actividades na comunicación entre especialistas. Por exemplo, para designar o ‘estado que presentan os intestinos cando as evacuacións son escasas ou pouco frecuentes e dificultosas, normalmente acompañadas de meteorismo, malestar abdominal, cefaleas, astenia e mal humor’.

No Diccionario galego de termos médicos –que contou coa revisión lingüística da RAG– cítanse como nomes galegos constipación[1], astricción[2] e retraemento[3]. Porén, esta mesma entidade vai recomendar dous anos despois (Dicionario castelán-galego da RAG) o uso de estrinximento[4], unha forma que no traballo anterior nin se recollía, pero que tamén se pode ver noutros dicionarios galegos. E aínda algúns destes engaden como sinónimo apertamento.

Como cinco nomes para unha única realidade parecen abondos, imos intentar ofrecer unha proposta que simplifique este panorama.

De todos eles, estrinximento é o máis frecuente na documentación técnica, a bastante distancia de calquera dos outros. E ademais, é un dos poucos que non implica potenciais ambigüidades á hora de empregalo, xa que:

  • retraemento pode aludir tamén a unha tendencia psicolóxica de determinados individuos.

  • constipación remítenos inmediatamente a outras palabras da súa familia léxica (constipadoconstipar…) que designan afeccións totalmente diferentes

  • apertamento emprégase tamén para referirse a sensacións que teñen que ver con dificultades respiratorias.

Xa que logo, na nosa opinión, a forma máis acaída para situacións comunicativas estándar é estrinximento –ademais, a última recomendada pola RAG.

Denominacións como astricciónretraemento e constipación son válidas, pero o seu ámbito de uso debería quedar restrinxido aos niveis máis especializados da comunicación técnica,[5] pois neles os interlocutores poden desfacer con facilidade as potenciais ambigüidades que indicamos.

----------------------------------

[1constipación s f. Retraemento, estado no que os movementos do intestino son pouco frecuentes ou incompletos.

[2astricción s f. 1. Acto ou efecto de astrinxir, acción dunha substancia astrinxente. 2. Retraemento.

[3] Curiosamente, a pesar do que prometen as entradas anteriores, non existe unha entrada propia para esta denominación.

[4estreñimiento s.mestrinximento. El chocolate produce estreñimiento. O chocolate produce estrinximento.

[5] Por exemplo, nas distintas versións da Clasificación Internacional de Doenzas (CID-10) que puidemos consultar a forma que aparece é sempre constipation (EN), constipación (ES), constipação (PT) ou constipation (FR).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.11.2023.