Pasar al contenido principal

85. Será por nomes...: banda ancha / banda ampla / banda larga

Un idioma preciso

Aínda que na actualidade se considera superado o principio clásico de que a un concepto especializado debía corresponderlle unha e só unha denominación, e a variación en terminoloxía percíbese como un fenómeno natural, non deixa de ser certo que por veces a superabundancia de nomes para referirse a unha mesma realidade pode chegar a confundir ao lector ou ao oínte.

Por exemplo, se nun mesmo texto de informática se empregan aleatoriamente as formas ventáxanela e fiestra para referirse ao que en inglés se designa como windowe en castelán como ventana, ¿non é probable que parte dos lectores dubiden de se as tres denominacións designarán ou non o mesmo concepto?

O galego ofrécenos abondos exemplos desta concorrencia de sinónimos –aquí cítanse outros no ámbito da informática–, Pero nós hoxe pretendemos fixarnos na convivencia de banda anchabanda larga e banda ampla para designar o ‘sistema de telecomunicacións que pode dar soporte a múltiples formatos de información a velocidades relativamente altas (entre varios centos e milleiros de veces máis rápidas ca cos sistemas de banda estreita), como as dos servizos de voz, de datos a alta velocidade e de vídeo baixo demanda’ (EN: broadband, PT: banda larga, ES: banda ancha, FR: large bande).

Evidentemente, non pretendemos proscribir o emprego de ningunha forma viva no uso e correcta desde o punto de vista lingüístico –e calquera destas tres sono–, pero parécenos interesante recomendar unha certa prelación que convirta unha delas na “escolla predefinida”, con independencia de que nun momento concreto se poida empregar calquera das outras por razóns contextuais.

  • A implantación de banda larga é tamén moi considerable: aparece no DOG case ao nivel de banda ampla, é a maioritaria nun importante medio de comunicación dixital, emprégase en exclusiva nun documento tan relevante como o Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI), etc. A súa identidade coa forma portuguesa contribúe tamén á súa expansión.

Visto que as tres formas teñen unha vitalidade importante no uso –e insistindo outra volta en que todas nos parecen “correctas” en sentido estrito– pensamos que o máis conveniente sería potenciar o emprego de banda larga. Con esta escolla apostamos por unha das dúas denominacións máis difundidas, e que ademais cumpre ao pé da letra o principio das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego no que se indica que “para o arrrequecemento do léxico culto, nomeadamente no referido aos ámbitos científico e técnico, o portugués será considerado recurso fundamental, sempre que esta adopción non for contraria ás características estruturais do galego”.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.11.2023.