Pasar al contenido principal

36. A enfermidade dos diabéticos chámase…

Un idioma preciso

Supoño que a todos vos ten pasado de chegar a unha encrucillada e que non haxa alí ningún sinal que nos oriente de por ónde debemos ir.

Esta falta de información créanos dificultades, pero aínda é peor que nesa mesma encrucillada se nos dea información que invite a facer dúas cousas opostas (que nos mande xirar á dereita e que á vez nos diga que a estrada da dereita está cortada, por exemplo).

Pois nunha destas encrucilladas –lingüísticas– acabamos dando hai uns poucos días. Velaquí o caso.

En galego, as autoridades con potestade para facelo viñan recomendando o uso de diabete para referirse á ‘síndrome metabólica caracterizada por elevación da glicosa sanguínea, excesiva segregación de urina (poliúria) e sede intensa (polidipsia)’. Así aparecía nas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (NOMIG) do ano 1982 e 1995, no Diccionario da Real Academia Galega do 1997, no Diccionario galego de termos médicosde 2002, etc.

Esta decisión, e sobre todo a argumentación que a xustificaba,[1] foron criticadas por Luís Daviña Facal en Lingua e ciencia (Vigo: Xerais, 1999, páx. 14-16). A tal crítica baséase no feito de que diabete non deriva de ningunha palabra grega rematada en –& amp; amp; amp; amp; amp; amp; amp; amp; lt; i>tis, senón que se trata dunha forma transmitida a partir do latín tardío diabetes, que procedía pola súa vez do grego diabétesderivada do verbo diabainein. Aínda así, non condena explicitamente o uso de diabete, porque entende que pode tratarse dun caso paralelo aos de gluteliquepole…, que no paso do ao galego perden o –n final que posuía o acusativo latino.[2]

Cando vimos que no Vocabulario ortográfico da lingua galega editado en 2004 pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega se recolle a forma diabetes, pensamos que estas entidades concordaban coa crítica máis arriba indicada e optaban por cambiar a súa recomendación. Pero velaquí que na edición revisada das NOMIG,publicada pola Real Academia Galega a finais de 2003, aparece diabete exactamente coa mesma xustificación ­–errónea– que xa viramos nas edicións de 1982 e 1995. Chegamos por fin á encrucillada, e os sinais apuntan en direccións contrarias.

Nestas encrucilladas non nos queda máis volta que tomar unha decisión por nós mesmos. Tendo en conta as formas empregadas nas linguas do noso contorno, o máis razoable parece entender que as dúas son posibilidades aceptables en galego,[3] pero persoalmente parécenos preferible empregar diabetes, porque a argumentación que a defende resulta máis sólida e por harmonización coas linguas máis achegadas a nós (portugués –diabetes e en menor medida diabete– e castelán –diabetes–_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ ) e máis influentes no noso medio social (inglés –diabetes–m ; s q r a l a p q ).

 

----------------------------------

[1] No apartado 8.6 das NOMIG prescribíase a “a adaptación das palabras coas terminacións gregas -itis e -tis, todas elas femininas”. Entre elas citábanse amigdaliteapendiciteartritebronquitediabete...

[2] Para unha explicación máis afondada da posible relación de diabetes con estes casos, podedes ver os artigos citados de Lingua e ciencia.

[3] Hai que deixar claro que esa non é a postura que defenden as obras normativas antes citadas, pois ningunha das dúas cita a forma que non recomenda como alternativa tamén aceptable.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.11.2023.