Pasar al contenido principal

8. Púlsares, quásares e outros obxectos celestes

Un idioma preciso

O estudio dos astros é unha actividade que vén ocupando ós homes desde hai séculos. Por ese motivo os obxectos celestes que se podían analizar a simple vista ou con instrumentos sinxelos, teñen nome de seu nas distintas linguas hai xa ben anos. Estes nomes créanse nalgúns casos con materiais da propia lingua (setestreloestrela do nortecarro de estrelascarro pequeno...) e noutros importan e adaptan formas gregas ou latinas que se acomodan sen problemas á estructura do galego. Podemos atopar exemplos destas dúas vías de nomeamento observando os principais corpos que forman parte do Sistema Solar, ou outros obxectos como agrupacións de estrelas (galaxias, constelacións...) ou doutros materiais (nebulosas...).

Os avances tecnolóxicos da época contemporánea permitiron catalogar obxectos que foron bautizados polos seus descubridores -normalmente en inglés-, de tal xeito que o nome estendeuse canda a nova do descubrimento. Nas outras linguas limítanse a asimilar esas denominacións da mellor maneira posible, unhas veces traducíndoas e outras manténdoas intactas ou realizando pequenas modificacións sobre elas.

Como exemplos de traduccións poderiamos sinalar burato negro: (EN.- black hole, FR.- trou noirgrand boum, explosion originelle, ES.- big bang, gran explosión, PT.- big bang, grande explosão) ou big crunch (EN.- big crunch, FR.- big crunch, implosion finale, ES.- big crunch, gran implosión, PT.- big crunch, grande implosão), ou tamén nos dous termos que hoxe pretendemos comentar: quasar e pulsar., ES.- agujero negro, PT.- buraco negro); anana branca (EN.- white dwarf; FR.- naine blanche; ES.- enana blanca; PT.- anã branca) ou galaxia espiral (EN.- spiral galaxy; FR.- galaxie spirale; ES.- galaxia espiral; PT.- galáxia espiral). Unha simple importación de nomes estranxeiros vémola en big bang (EN.- big bang, FR.-

Con eses nomes coñécense en inglés dous obxectos celestes que poderiamos definir respectivamente como:

  • Obxecto con aparencia estelar, que é unha fonte potente de luz, e por veces de ondas radioeléctricas e de raios X, e cun espectro que se despraza fortemente cara ó vermello.

  • Radiofonte puntual de pulsos de período moi curto (30 milisegundos a 5 segundos) e estable, que se supón que proceden de estrelas de neutróns de rotación rápida e de campo magnético intenso.

As semellanzas entre os dous conceptos estendéronse ó xeito de construír as palabras que os designan: quasar formouse por abreviación do sintagma quasi-stellar radio source, e pulsar seguiu o mesmo procedemento partindo de pulsating star, presentando ambas as dúas acentuación grave.

As linguas do noso contorno incorporaron as dúas denominacións ó seu léxico, pero optaron por diferentes camiños á hora de fixarlles un esquema acentual. Así, mentres que en catalán se respecta o esquema acentual do inglés (quàsar e púlsar), portugués, castelán ou francés propoñen formas con acentuación aguda (quasar e pulsar nas tres linguas).[1]

Pola contra, se consultamos as propostas dos diccionarios galegos con respecto a estes dous termos comprobamos que non reciben un tratamento uniforme.

Na edición en papel de finais dos 80 o Vocabulario ortográfico da lingua galega optaba pola acentuación aguda e recollía quasar e pulsar, pero sorprendentemente marcaba este último como substantivo feminino, o que nos leva a dubidar se realmente se estará aludindo ó concepto que se definía máis arriba.

Diccionario Cumio da lingua galega (1997) opta por trasladar da maneira máis fiel posible as denominacións inglesas, e propón quásar e púlsar, con acentuación grave en ambos os casos.

Máis achegado no tempo, o Gran diccionario Xerais (2000) aconsella unha solución híbrida das dúas que acabamos de citar e presenta quásar (como substantivo masculino e con acentuación grave), e pulsar (como susbstantivo feminino e con acentuación aguda).

Na nosa opinión, calquera das solucións que trate de forma homoxénea os dous préstamos sería válida, pero consideramos preferible a proposta no Diccionario Cumio, por ser a máis fiel á acentuación orixinal sen por iso atentar contra os esquemas acentuais do galego,[2] e ter un maior uso na documentación técnica.

 

----------------------------------

[1] A pesar do que acabamos de dicir, na documentación técnica en portugués ou castelán e frecuente atopar mostras nas que estas palabras se grafan como graves, como podemos comprobar nos seguintes exemplos. (castelánportugués)

[2] Ese mesmo esquema podemos velo en préstamos como ágaralmogávarámbardólarhúsarnéctarténar...).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.11.2023.