Pasar al contenido principal

A Rede Revolta aborda nun foro en Ribadeo a creación dunha estratexia alimentaria participativa na área de influencia do Eo

Participantes na xornada 'Pensar unha alimentación máis próxima', celebrada en Ribadeo
Participantes na xornada 'Pensar unha alimentación máis próxima', celebrada en Ribadeo
O encontro ‘Pensar unha alimentación máis próxima, organizado xunto co Concello de Ribadeo, reúne este venres uns 40 participantes no centro Pedro Murias de Ribadeo

A Rede Revolta, integrada por oito grupos e investigación das universidades galegas e configurada como o lugar de encontro das investigacións ao redor da agroecoloxía e do medio rural galego, debate este venres en Ribadeo sobre o deseño e a creación dunha estratexia alimentaria participativa na área de influencia do río Eo.

A xornada, ‘Pensar unha alimentación máis próxima’, un foro de encontro e debate aberto a toda a cidadanía e promovido em colaboración co Concello de Ribadeo e coa Axencia Axencia Galega de Calidade Alimentaria, desenvólvese este venres, en quenda de 10.00 a 14.00 horas, no centro de Centro de formación e experimentación agroforestal ‘Pedro Murias’ de Vilaframil, onde se deron cita arredor de 40 persoas, entre labregos, produtores, xestores ambientais e investigadores.

O catedrático de Historia Contemporánea da USC Lourenzo Fernández Prieto; o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, abriron este mañá o programa dun encontro que botou a andar cunha mesa de debate sobre as posibilidades dun sistema alimentario diferente. A responsable do Ecomercado de Valladolid e técnica na Fundación Entretantos, Olga Rada, presentou neste foro a estratexia alimentaria participativa impulsada en Valladolid, mentres que o xerente da Asociación Mariñas-Betanzos deu conta do plan alimentario da Reserva da Biosfera Mariñas coruñesas e terras do Mandeo. O profesor de Bioloxía Funcional da USC completou as intervencións cunha exposición sobre as bacías alimentarias como espazos de distribución e comercialización agroalimentaria.

A xornada, ideada como un espazo de reflexión e debate respecto dos procesos de agro-industrialización nacidos nos anos 60, así como en relación con outros modelos máis próximos e que aínda perduran que están relacionados coa agroecoloxía na perspectiva da bioeconomía e do desenvolvemento sustentábel, tal e como o son os proxectos Quilómetro 0, o comercio local, as comunidades ou cooperativas de consumo ou o denominado movemento slow food, tivo continuidade coa sesión participativa ‘Camiñando cara un novo modelo de agroalimentación na zona do Eo’, un foro conducido e dinamizado polo consultor de innovación social Fran Quiroga.

Os grupos de consumo, así como os pequenos produtores, mercados labregos ou, entre outros, as cooperativas de distribución, representan unha alternativa ao modelo industrializado de produción e distribución alimentaria, consideran os promotores da xornada ‘Pensar unha alimentación máis próxima’. Daquela, desde a Rede Revolta están convencidos de que estes axentes buscan rescatar esas outras formas de produción e consumo máis apegadas á terra. A sustentabilidade do propio sistema alimentario virá dado se somos quen de construír procesos participativos nos que involucrar á toda a sociedade e pensar como podemos impulsar modelos alimentarios máis próximos, manteñen.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.03.2019.