Pasar al contenido principal

Aberta a matrícula gratuíta en dous novos obradoiros para a busca de emprego

A Área de Orientación Laboral da USC mantén a matrícula aberta en dúas novas actividades gratuítas para este mes de marzo do seu Programa de Formación para a Empregabilidade.

Por unha banda, o 24 de marzo terá lugar o obradoiro ‘ Emprego 2.0: o uso das redes Sociais e ferramentas TIC na busca de emprego’ no que se achegarán os recursos máis innovadores que se poden atopar a través de internet ou noutros dispositivos dixitais. Será en horario de mañá na Facultade de Bioloxía.

Na mesma facultade o día 28 desenvolverase, tamén pola mañá, a xornada ‘ Elabora o teu plan de acción: técnicas para mellorar a eficacia na busca do teu primeiro emprego’, coa que se pretende amosar a operativa de captación de talento que fan as empresas, departamentos de RRHH e consultoras de selección, así como identificar e definir as posibles estratexias para buscar emprego.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.03.2017.