Pasar al contenido principal

A profesora López Agüera explica en Física o proxecto sobre comunidades sostibles no que traballa coa Unesco

A profesora da USC Ángeles López Agüera presentará este mércores 22, ás 20.00 horas na Aula Magna da Facultade de Física, o proxecto sobre comunidades sostibles no que está traballando, coordinado pola USC e a UNESCO.

O obxectivo do proxecto é alcanzar o desenvolvemento integral de comunidades emprazadas en Latinoamérica e África partindo da autoxestión. O programa céntrase en saúde, educación, oficios e recursos naturais, entre outros eixos, e conta coa colaboración de persoal de numerosas ramas de estudo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.03.2017.