Pasar al contenido principal

Información académica

Información académica do Máster en Psicoloxía Xeral Universitaria

Horarios e programación académica

Curso académico 2024-25

Horarios e programación académica

Curso académico 2023-24

Prácticas externas

Na Orde ECD/1070/2013 decrétanse os requisitos formativos para o exercicio da profesión de psicólogo xeral sanitario, considerándose na estruturación das ensinanzas 30 créditos de prácticas externas supervisadas en centros debidamente acreditados que reúnan as condicións enunciadas na Orde. Así, o programa formativo do psicólogo xeral sanitario precisa de xeito explícito que, a través das prácticas tutorizadas, os estudantes poderán alcanzar o nivel de autonomía requirido no exercicio da profesión.

Períodos de prácticas do MUPXS

As prácticas do Máster desenvólvese en 2 períodos. O Practicum I (12 créditos), nos meses de maio-xuño do primeiro curso académico (8 semanas). A súa actividade distribúese do modo seguinte: 280 horas de prácticas clínicas e 20 h. para a realización de informes.

O Practicum II, cuxo calendario pódese establecer entre os meses de setembro-decembro, según dispoñibilidade dos tutores profesionais, consta de 18 créditos. Duración de 12 semanas, distribuídas en 420 horas de prácticas clínicas e 30 horas para a elaboración de informes.

Procedemento para a asignación de prazas e relación de Centros ou Servizos Sanitarios para o desenvolvemento das prácticas externas do Máster

Para a realización das prácticas o alumnado deberá ter superado o 80% dos créditos do primeiro semestre.

O número de Dispositivos e Centros para a realización das prácticas externas do Máster seguirá incrementándose a medida de que se vaian asinando novos convenios. As prazas ofertadas polos Centros poden variar en función da dispoñibilidade.

Marco legal que regula as prácticas externas

Información dalgúns dos dispositivos que colaboran nas prácticas externas (Prácticum) do Máster

Nestes enlaces podedes acceder a material audiovisual elaborado por algúns dos centros colaboradores con información sobre o dispositivo:

ALENTO

CLÍNICA BALIÓN

CENTRO DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL (CPAP) BERGONDO

INGADA

SARELA

“Actividade financiada polo Convenio de Colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e a USC para o desenvolvemento de accións estratéxicas de I+D+i"

Relación de dispositivos que colaboran nas prácticas externas (Prácticum) do Máster

Centro/dispositivo Enderezo Localidade Provincia
ABAC (Asociación de Bulimia y Anorexia de A Coruña) Rúa Begonias, 33 A Coruña A Coruña
ACLAD (Asociación Ciudadana de Lucha contra la Droga) Polígono de A Grela-Bens, Rúa A Ermida, nº 2ª A Coruña A Coruña
ADACECO (Asociación de Dano Cerebral de A Coruña) Lugar de As Xubias de Arriba, 15 A Coruña A Coruña
AECC (Asociación Española contra el Cáncer) Praza Mestre Mateo, 2-2º A Coruña A Coruña
Asociación Agalure Avda. de Glasgow, 10, baixo A Coruña A Coruña
ASPERGA (asociación Galega Asperger) Paseo Puentes, 6, Bajo A Coruña A Coruña
CEFINE Neurología Núcleo rural de Uxes (A Zapateira) A Coruña A Coruña
FEAFES (Federación de Asociaciones de Familiares y Personas con Enfermedad Mental de Galicia) Avenida Peruleiro, 18, baixo A Coruña A Coruña
Fundación Meniños Avenida de Cádiz, 5. 2º, Edificio A Milagrosa A Coruña A Coruña
INGADA (Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados) Calle Federico García, 2 A Coruña A Coruña
INTRA-TP (LOGPSIC- Centros de Psicología) Avda. General Sanjurjo 111, 5º A Coruña A Coruña
Policlínica Assistens Rúa Federico García, 4 A Coruña A Coruña
Unidad Focus Coruña, S.L. Avda. Linares Rivas, 28-32, 4º A A Coruña A Coruña
UTACA – Unidade de Tratamento do Alcohol e Condutas Aditivas Praza Laxes de Orro, 2, baixo A Coruña A Coruña
Centro de Promoción de la Autonomía Personal de Bergondo Camiño da Praia, O Regueiro, s/n Bergondo A Coruña
ANHIDA (Asociación de niños con Hiperactividad y/o Déficit de Atención) Rúa Amparo López Jean, 25 baixo, A Corveira. Culleredo A Coruña
Centro de Psicoterapia y Trauma Natalia Seijo Rúa Sánchez Barcáiztegui, 8, 1º Ferrol A Coruña
Centro Orienta Rúa Real, 178, 1º D Ferrol A Coruña
Centro de Terapia y Orientación psicológica y Pedagógica SAPIENS Rúa Catalunya 20, Polígono de A Gandara, Oficina 5 Narón A Coruña
A Creba Barbanza Pol. Ind. Augalevada, 19 Noia A Coruña
SERGAS - Unidade de Saúde Mental V Avda. República Argentina, s/n Noia A Coruña
Únicos Atención a Persoas S.L. Praza da RTabadeira, 9, baixo Oleiros A Coruña
Grupo Clínica O Burgo Avda. da Coruña, 23 O Burgo A Coruña
SERGAS - Consulta de Psicoloxía Clínica Infanto-Xuvenil Hospital do Barbanza. Estr. Ribeira-Noia,
Lugar de Salmón, Parroquia de Oleiros
Ribeira A Coruña
A Creba Barbanza Rúa Abesadas, 11 Ribeira A Coruña
UAD (Unidade de Asistencia de Drogodependencias) do Concello de Ribeira Praza Estudiantes, 3 Ribeira A Coruña
Asociacion de Dano Cerebral de Compostela SARELA Rúa do Ceo, 3 (Pontepedriña) Santiago de Compostela A Coruña
Clínica Balión S.C. Rúa da Rosa, 22 Santiago de Compostela A Coruña
FEAFES (Federación de Asociaciones de Familiares y Personas con Enfermedad Mental de Galicia) Rúa de Belgrado, 1 Santiago de Compostela A Coruña
Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) Hospital Clínico, Edificio D, 1ª planta. Travesía da Choupana, s/n Santiago de Compostela A Coruña
SERGAS - Unidade de Desórdenes  Alimentarios Hospital de Conxo. Rúa Ramón Baltar, s/n Santiago de Compostela A Coruña
SERGAS - Unidade de Rehabilitación Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Rúa da Choupana, s/n (Santa Marta) Santiago de Compostela  A Coruña
SERGAS - Unidade de Saúde Mental II Centro de Saúde de Fontiñas.

 

Rúa  Londres, 2-4 (Fontiñas)

Santiago de Compostela A Coruña
SERGAS - Unidade de Saúde Mental III Centro Saúde de Conxo, Plaza Martín Herrera, 2 Santiago de Compostela A Coruña
SERGAS - Unidade de Saúde Mental IV Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Rúa da Choupana, s/n (Santa Marta) Santiago de Compostela A Coruña
SERGAS - Unidade de Saúde Mental Infanto-Xuvenil Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Rúa da Choupana, s/n (Santa Marta) Santiago de Compostela A Coruña
Centro de Psicología Pauta Rúa do Hórreo, nº 170, 5º A Santiago de Compostela A Coruña
Unidade de Tabaquismo e Trastornos Adictivos - Facultade Psicoloxía Facultade de Psicoloxía. Campus Universitario Sur, s/n Santiago de Compostela A Coruña
Unidade Venres Clínicos - Facultade de Psicoloxía Facultade de Psicoloxía. Campus Universitario Sur, s/n Santiago de Compostela A Coruña
SERGAS - Unidade de Saúde Mental Centro de Saúde. Rúa Eijo Garay s/n Burela Lugo
UAD (Unidade Asistencial de Drogodependencias) do Concello de Burela Rúa Laxelas, s/n Burela Lugo
ALUME (Asociación Lucense de Ayuda Enfermos Mentales) Rúa Nicomedes Pastor Díaz, 6-8 Lugo Lugo
SERGAS - Centro de Centro de Orientación Familiar Centro de Salud de la Plaza de El Ferrol, nº 11 Lugo Lugo
SERGAS - Centro de Orientación Familiar (COF) Rúa Alberto Vilanova, 14 O Carballiño Ourense
Fundación DIAGRAMA Barrio Montealegre,  Camiño dos Rapaces, 4 Ourense Ourense
SERGAS - Centro de Orientación Familiar (COF) Nóvoa  Santos Rúa Xoan XXIII, 8-10 Ourense Ourense
SERGAS - Unidade de Prevención de Suicidios Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Rúa Ramón Puga Noguerol, 52-54 Ourense Ourense
SERGAS - Unidade de Interconsulta e Enlace (Programa de Dano Cerebral) Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Rúa Ramón Puga Noguerol, 52-54 Ourense Ourense
SERGAS - Unidade de Rehabilitación Hospital Santo Cristo de Piñor. Estrada de Piñor s/n Ourense Ourense
SERGAS - Hospital de Día Hospital Santa María Nai. Barrio Regueiro Fozado, 12 Ourense Ourense
SERGAS - Unidade de Saúde Mental da Ponte Rúa Xeneral Aranda, 9. Ourense Ourense
SERGAS - Unidade de Saúde Mental Infanto-Xuvenil Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Rúa Ramón Puga Noguerol, 52-54 Ourense Ourense
SERGAS –UCA (Unidade de Conductas Adictivas) Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Rúa Ramón Puga Noguerol, 52-54 Ourense Ourense
Asociación Avelaíña de Axuda a Persoas con Problemas de Saúde Mental 2º Transversal Coruto Vello, 33, Salcidos A Guarda Pontevedra
Instituto de Neuro-rehabilitación Quirón Salud Avda. Andurique, 11 Poio Pontevedra
Cognitiva Unidad de Memoria (Pontevedra) Rúa Eduardo Pondal, 28 Pontevedra Pontevedra
Centro Príncipe Felipe (Deputación de Pontevedra) Avda. de Montecelo, 12 Pontevedra Pontevedra
Gabinete de Psicología “Psicología y Más” Rúa Andrés Muruáis, 1, 5A  Pontevedra Pontevedra
ADAHPO (Asociación Déficit de Atención e Hiperactividade de Pontevedra) Rúa Rosalía de Castro, 36 Pontevedra Pontevedra
Centro Interdisciplinar Paso a Paso (Clínica Virar, S. L.) Rúa Pastor Díaz, nº 1, 3º B Pontevedra Pontevedra
Centro Médico Pontevedra CLIPSIMED, S.L. Rúa Eduardo Pondal, 6, baixo Pontevedra Pontevedra
CERTIGO Crecer Contigo Lugar A Pereira, 28 Porriño Pontevedra
ALENTO (Asociación de Daño Cerebral de Vigo) Rúa da Pedra Seixa, s/n Vigo Pontevedra
ASVIDAL (Asociación Viguesa de Alcohologia) Rúa Escultor Gregorio Fernández, 8 Vigo Pontevedra
Centro de Psicoloxía CAPS Rúa Ronda de Don Bosco, nº 30, 3º C Vigo Pontevedra
CEDRO (Centro Asistencial de Drogodependencias) Rúa Pintor Colmeiro, 9 Vigo Pontevedra
DOA (Centro de Rehabilitación Psicosocial de Vigo) Rúa Romil, 84 Vigo Pontevedra
Graña Saúde, S.L. Rúa Romil, 74 Vigo Pontevedra
Psicoestudio SLP Rúa Pi y Margall, 103, 1º Vigo Pontevedra
Instituto Médico IMAYA Avda. Gran Vía, 35, 5º esquerda Vigo Pontevedra
Gabinete Ítaca  Rúa Pizarro, 38, 2º esquerda Vigo Pontevedra
Asociación Lar Pro-Saúde Mental Rúa Miuño Novo, 1-5, A Laxe Vilagarcía de Arousa Pontevedra
Fundación Lar Pro-Saúde Mental Rúa Miuño Novo, 1-5, A Laxe Vilagarcía de Arousa Pontevedra

Nota: O número de prazas ofertadas por cada dispositivo está suxeito á dispoñibilidade dos titores externos e se informa cada curso con anterioridade á fase de asignación de centro de prácticas

Centros fora de Galicia con convenios co máster

Centro/dispositivo Enderezo Localidade Com. autónoma
Cognitiva Unidad de Memoria Varias localidades   Andalucía

 

Castilla-León

Islas Canarias

Madrid

Navarra

País Vasco

Asociación Amigos contra la Droga de Avilés c/ Piqueros de Abajo, 14 Avilés Asturias
Gabinete de Psicología Aplicada y Análisis de Conducta c/ Marqués de San Esteban, 21, 1º derecha Gijón Asturas
Fundación Instituto SPIRAL c/ Torrecerredo, 8, Bajo Oviedo Asturias
Unidad de Atención Psicológica. Universidad de Almería Edificio CAE, segunda planta, La Cañada Almería Andalucía
Centro Sanitario Polivalente Patrizia Carmen Marruffi Bonfante c/ General Menacho, 4, bajo derecha Cádiz Andalucía
Asociación IMERIS (Granada) c/ Licenciado Vidriera Nª 2- Local 5 Granada Andalucía
Centro de Psicología y Logopedia María José Romero Tirado c/ La Palma, nº 8 Huelva Andalucía
Ita ABB (Málaga) c/ Salitre, 30 Málaga Andalucía
Asociación de Familiares para la Rehabilitación del Daño Cerebral Sinapsis c/ Ruta del Vino, nº 3 Torre del Mar, Málaga Andalucía
CEPSICAP (Centro de Psicología Aplicada) c/ Burgo Nuevo, 20, 3ºC León Castilla-León
Avanza Psicología y Logopedia – Vanessa González Gavela c/ Clara Campoamor, nº 5, 2º A Ponferrrada Castilla-León
Centro Psicológico SELF Avda. Alfonso IX, 78, 5º K Salamanca Castilla-León
Centro Psicología MTE c/ Miguel Servet, 7, bajo B (Arroyo de Encomienda) Valladolid Castilla-León
El Puente Salud Mental c/ Tajahierro, S/N Valladolid Castilla-León
ITA Clínic BCN S.L.  c/ L'avenir, 14 Barcelona Cataluña
Gabinete de Psicopedagogía, Logopedia y Psicología Loreto Bonmatí Ctra. de Agost, 23-25 San Vicente del Raspeig, Alicante Comunidad Valenciana
Psicoactua-Hospital Vithas c/ Padre Arrupe, 20 Alicante Comunidad Valenciana
ADSIS. Centro HEDRA c/ de Rubén Vela, 47 Valencia Comunidad Valenciana
Psicosana Badajoz S.L.U. c/ Gaspar Méndez, 15 Badajoz Extremadura
Down Mérida – Asociación Síndrome de Down de Extremadura c/ José Hierro, s/n Mérida Extremadura
Asociación de cáncer de mama de Tenerife (ÁMATE) Grupo 148 viviendas, Av. Príncipes de España, Bloque C, Local 8 Santa Cruz de Tenerife Islas Canarias
Asociación Apananá c/ López de Hoyos, 364, 1º A Madrid Madrid
NB Psicología Integral SLP c/ Real, 59, escalera izquierda, 1º A Collado Villalba Madrid
Consulting Asistencial Sociosanitario, S.L. c/ Serrano, 45, piso 3A Madrid Madrid
GEPAC (Grupo Españolde Pacientes con Cancer) Avda. de Córdoba, 15, 2º B Madrid Madrid

Características das prácticas externas do MUPXS

A disposición adicional sétima da Lei Xeral de Saúde Pública 33/2011 regula a profesión de psicólogo xeral sanitario e determina a súa vía de acceso a través dun Máster universitario en Psicoloxía Xeneral Sanitaria (MUPXS).

As prácticas externas do MPXS (Prácticum) son unha parte esencial do seu programa formativo. O seu desenvolvemento busca a vinculación entre a teoría e a práctica clínica supervisada, en función do contexto, o rol do profesional e o tipo de competencia a adquirir. Pretenden a asunción progresiva de responsabilidades por parte do estudante ata alcanzar un nivel de autonomía óptimo. Levaranse a cabo en contextos clínicos baixo a supervisión dun psicólogo cualificado (psicólogo especialista en psicoloxía clínica) ou acreditado.

Psicólogo/a supervisor/a

O Psicólogo/a supervisor/a é o responsable de: (a) a titorización das actividades prácticas encamiñadas á adquisición das competencias e (b) a avaliación periódica das devanditas competencias ao longo do proceso formativo, facendo partícipe ao estudante das súas fortalezas, debilidades e necesidades, de cara a corrixir as carencias detectadas para emendalas.

Durante o período de Practicum, o estudante pasa progresivamente por dúas fases: observación participativa e actuación directa. Orientativamente, a primeira destas podería ter unha duración en torno a tres semanas, aínda que esta asignación pode variar en función do criterio do titor.

Estudante

Durante o proceso de aprendizaxe das habilidades e competencias, o estudante deberá revisar a súa progresión. Con este propósito deberá rexistrar semanalmente unha valoración detallada de como avanza o seu traballo, consignando o nivel de dificultade encontrado e as necesidades e problemas particulares que foron xurdindo no desempeño de cada actividade, para comentalas e discutilas posteriormente co supervisor e tratar de remover os obstáculos atopados. Esta tarefa serve ademais para que o estudante aprenda a monitorizar e avaliar o seu traballo. Tamén rexistrará, mediante o informe pertinente, calquera actividade á que asistise, seguindo o criterio do titor/a (sesións clínicas, conferencias, obradoiros, etc.) e o anexará á Memoria descritiva ao finalizar cada período de Practicum.

A práctica supervisada

A práctica supervisada require compromiso por parte do titor. Este proceso inclúe actividades graduadas de responsabilidade:

  • Observación participativa: situacións nas que o estudante observa o supervisor realizando distintas tarefas, para familiarizarse coas diferentes técnicas e facetas da actividade clínica, usando a reflexión sobre o observado como parte do proceso de aprendizaxe e de desenvolvemento
  • Actuación directa: tarefas realizadas directamente polo estudante baixo a observación do supervisor. A cesión de tarefas de actuación directa será gradual, de acordo co nivel de soltura que o estudante vaia adquirindo, dende accións concretas e definidas ata intervencións completas. Como apoio para o manexo das tarefas e actividades, o supervisor poderá pedir ao estudante a revisión de material teórico adicional, se así o considera conveniente. Despois de cada intervención, o alumno elaborará un Informe sobre a actividade realizada (nel relatará o/obxectívoos/s da tarefa, a descrición desta, instrumentos, metodoloxía, etc.) que comentará na sesión de supervisión. A modo orientativo, dous Informes de actividades no Practicum I e tres no Practicum II.

O desenvolvemento de cada actividade, sexa de observación sexa de actuación, constitúe a base para a subseguinte discusión detallada e reflexión crítica como parte do proceso de aprendizaxe. Requirirá dedicación semanal, para que supervisor e estudante traballen xuntos, discutan a labor/actividade realizada polo estudante, resolvan dificultades e dúbidas, e o titor axude o estudante a procesar o traballo a nivel cognitivo e emocional e o reafirme no desenvolvemento da súa confianza profesional.

En ambos os dous niveis de formación o supervisor deberá avaliar de forma continua o desempeño do estudante, durante e a finalizar o período de prácticas, usando categorías de cualificación para as que se proporcionarán orientacións na Ficha de avaliación das competencias según o sistema de rúbricas.

Algúns exemplos de actividades supervisadas

  • Formulación de caso (participación na elaboración de informes psicolóxicos, avaliación e análise funcional)
  • Participación na elaboración de protocolos e programas de avaliación, intervención e seguimento.
  • Manexo en situacións de crise
  • Intervención psicolóxica a persoas que sofren algún conflito, problema, ruptura, perda, etc.
  • Intervención psicolóxica: técnicas de orientación, consello e apoio psicolóxico persoal, familiar e de parella
  • Aplicación de técnicas específicas (control e manexo do estrés, adestramento en habilidades sociais, rehabilitación cognitiva, etc.)
  • Avaliación e deseño de programas de rehabilitación psicosocial
  • Avaliación e intervención para a mellora da adherencia ao tratamento médico
  • Deseño de programas e actividades de prevención e promoción da saúde (tabaquismo, obesidade, actividade física, etc.).
  • Avaliación e deseño de programas de intervención psicolóxica na enfermidade física crónica (trastornos cardiovasculares, cancro, diabete, enfermidades dixestivas, etc.)
  • Manexo da dor
  • Programas de intervención en coidados paliativos
  • Asistencia a sesións clínicas
  • Procura de material bibliográfico relativa a algún caso

Traballo Fin de Máster (TFM)

O TFM ten asignada unha extensión de 12 créditos. Realízase no primeiro semestre do segundo curso e deféndese ao finalizar este.

O TFM está orientado á avaliación das competencias asociadas ao título. Realizarase no ámbito da psicoloxía xeral sanitaria e estará relacionado con calquera das temáticas tratadas nas materias do título. Nel os estudantes deberán demostrar os coñecementos e competencias adquiridos no conxunto do Máster para a realización de investigacións, avaliacións e intervencións psicolóxicas sobre aqueles aspectos do comportamento e a actividade das persoas que inflúen na promoción e mellora do seu estado xeral de saúde. No caso de que se realice no marco das investigacións de ámbito sanitario do profesorado do Máster deberá igualmente permitir a adquisición de destrezas, técnicas, coñecementos, capacidade de análise e crítica necesarios para o axeitado desempeño profesional.

O traballo poderá incluír unha parte empírica ou experimental, o deseño dun protocolo ou proposta de intervención, ou a análise de casos (avaliacións, informes psicolóxicos). O estudante deberá realizar e presentar un traballo orixinal no que demostre as competencias adquiridas ao longo dos estudos. Incluirá, tarefas de busca e revisión bibliográfica, análise crítica, sistematización e integración de información, redacción e presentación oral e escrita.

Avaliación do TFM

O TFM avaliarase mediante a defensa pública do traballo realizado ante unha Comisión Avaliadora composta por tres profesores nomeados pola Comisión Académica de entre o profesorado do Máster, de acordo co establecido na normativa correspondente. Esta Comisión deberá ter en conta tamén o informe valorativo do traballo que emitirá o titor/a. Na avaliación do TFM valorarase: a relevancia e oportunidade que dentro do ámbito sanitario teña a formulación do estudo, a pertinencia e actualización da revisión bibliográfica, a expresión e coherencia do documento, o manexo apropiado da linguaxe, a profundidade na abordaxe do tema, a capacidade de analizar as limitacións do estudo así como de realizar proposta de directrices futuras, a competencia na presentación escrita e oral do traballo seguindo as normas de estilo da APA, a capacidade para comunicar as conclusións alcanzadas e as razóns que as sustentan, a capacidade de argumentar con solvencia e responder ás cuestións formuladas na defensa pública do TFM.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.09.2024.