Horarios e programación académica
Curso académico 2024-25
Horarios e programación académica
Curso académico 2023-24
Prácticas externas
Na Orde ECD/1070/2013 decrétanse os requisitos formativos para o exercicio da profesión de psicólogo xeral sanitario, considerándose na estruturación das ensinanzas 30 créditos de prácticas externas supervisadas en centros debidamente acreditados que reúnan as condicións enunciadas na Orde. Así, o programa formativo do psicólogo xeral sanitario precisa de xeito explícito que, a través das prácticas tutorizadas, os estudantes poderán alcanzar o nivel de autonomía requirido no exercicio da profesión.
Períodos de prácticas do MUPXS
As prácticas do Máster desenvólvese en 2 períodos. O Practicum I (12 créditos), nos meses de maio-xuño do primeiro curso académico (8 semanas). A súa actividade distribúese do modo seguinte: 280 horas de prácticas clínicas e 20 h. para a realización de informes.
O Practicum II, cuxo calendario pódese establecer entre os meses de setembro-decembro, según dispoñibilidade dos tutores profesionais, consta de 18 créditos. Duración de 12 semanas, distribuídas en 420 horas de prácticas clínicas e 30 horas para a elaboración de informes.
Procedemento para a asignación de prazas e relación de Centros ou Servizos Sanitarios para o desenvolvemento das prácticas externas do Máster
Para a realización das prácticas o alumnado deberá ter superado o 80% dos créditos do primeiro semestre.
O número de Dispositivos e Centros para a realización das prácticas externas do Máster seguirá incrementándose a medida de que se vaian asinando novos convenios. As prazas ofertadas polos Centros poden variar en función da dispoñibilidade.
Marco legal que regula as prácticas externas
- RD 592/2014 (Regulación das prácticas académicas externas dos estudantes universitarios)
- Orde SSI/81/2017 (Protocolo mediante o que se determinan pautas básicas destinadas a asegurar e protexer o dereito á intimidade do doente poos alumnos e residentes en Ciencias da Saúde)
- Orde ECD/1070/2013 (Requisitos para a verificación dos másteres universitarios en Psicoloxía xeral sanitaria)
- Lei Orgánica 1/1996 de Protección Xurídica do Menor (actividades que impliquen contacto habitual con menores). Infórmase aos/as estudantes que, de acordo á Lei Orgánica de Protección Xurídica do menor, requiriráselles un Certificado Negativo de Delitos Sexuais. O certificado pódese obter, con DNI electrónico, a través da seguinte ligazón: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/tramites-gestiones-personales/certificado-delitos Para solicitar o documento, débese verificar que o DNI contén o certificado de firma dixital vixente e que se dispón de contrasinal (en caso contrario, debe renovarse nos Puntos de Actualización do DNIe das oficinas da Policía Nacional).
- Regulamento de prácticas externas da USC
- Código deontolóxico do psicólogo
Información dalgúns dos dispositivos que colaboran nas prácticas externas (Prácticum) do Máster
Nestes enlaces podedes acceder a material audiovisual elaborado por algúns dos centros colaboradores con información sobre o dispositivo:
CENTRO DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL (CPAP) BERGONDO
“Actividade financiada polo Convenio de Colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e a USC para o desenvolvemento de accións estratéxicas de I+D+i"
Relación de dispositivos que colaboran nas prácticas externas (Prácticum) do Máster
Centro/dispositivo | Enderezo | Localidade | Provincia |
---|---|---|---|
ABAC (Asociación de Bulimia y Anorexia de A Coruña) | Rúa Begonias, 33 | A Coruña | A Coruña |
ACLAD (Asociación Ciudadana de Lucha contra la Droga) | Polígono de A Grela-Bens, Rúa A Ermida, nº 2ª | A Coruña | A Coruña |
ADACECO (Asociación de Dano Cerebral de A Coruña) | Lugar de As Xubias de Arriba, 15 | A Coruña | A Coruña |
AECC (Asociación Española contra el Cáncer) | Praza Mestre Mateo, 2-2º | A Coruña | A Coruña |
Asociación Agalure | Avda. de Glasgow, 10, baixo | A Coruña | A Coruña |
ASPERGA (asociación Galega Asperger) | Paseo Puentes, 6, Bajo | A Coruña | A Coruña |
CEFINE Neurología | Núcleo rural de Uxes (A Zapateira) | A Coruña | A Coruña |
FEAFES (Federación de Asociaciones de Familiares y Personas con Enfermedad Mental de Galicia) | Avenida Peruleiro, 18, baixo | A Coruña | A Coruña |
Fundación Meniños | Avenida de Cádiz, 5. 2º, Edificio A Milagrosa | A Coruña | A Coruña |
INGADA (Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados) | Calle Federico García, 2 | A Coruña | A Coruña |
INTRA-TP (LOGPSIC- Centros de Psicología) | Avda. General Sanjurjo 111, 5º | A Coruña | A Coruña |
Policlínica Assistens | Rúa Federico García, 4 | A Coruña | A Coruña |
Unidad Focus Coruña, S.L. | Avda. Linares Rivas, 28-32, 4º A | A Coruña | A Coruña |
UTACA – Unidade de Tratamento do Alcohol e Condutas Aditivas | Praza Laxes de Orro, 2, baixo | A Coruña | A Coruña |
Centro de Promoción de la Autonomía Personal de Bergondo | Camiño da Praia, O Regueiro, s/n | Bergondo | A Coruña |
ANHIDA (Asociación de niños con Hiperactividad y/o Déficit de Atención) | Rúa Amparo López Jean, 25 baixo, A Corveira. | Culleredo | A Coruña |
Centro de Psicoterapia y Trauma Natalia Seijo | Rúa Sánchez Barcáiztegui, 8, 1º | Ferrol | A Coruña |
Centro Orienta | Rúa Real, 178, 1º D | Ferrol | A Coruña |
Centro de Terapia y Orientación psicológica y Pedagógica SAPIENS | Rúa Catalunya 20, Polígono de A Gandara, Oficina 5 | Narón | A Coruña |
A Creba Barbanza | Pol. Ind. Augalevada, 19 | Noia | A Coruña |
SERGAS - Unidade de Saúde Mental V | Avda. República Argentina, s/n | Noia | A Coruña |
Únicos Atención a Persoas S.L. | Praza da RTabadeira, 9, baixo | Oleiros | A Coruña |
Grupo Clínica O Burgo | Avda. da Coruña, 23 | O Burgo | A Coruña |
SERGAS - Consulta de Psicoloxía Clínica Infanto-Xuvenil | Hospital do Barbanza. Estr. Ribeira-Noia, Lugar de Salmón, Parroquia de Oleiros |
Ribeira | A Coruña |
A Creba Barbanza | Rúa Abesadas, 11 | Ribeira | A Coruña |
UAD (Unidade de Asistencia de Drogodependencias) do Concello de Ribeira | Praza Estudiantes, 3 | Ribeira | A Coruña |
Asociacion de Dano Cerebral de Compostela SARELA | Rúa do Ceo, 3 (Pontepedriña) | Santiago de Compostela | A Coruña |
Clínica Balión S.C. | Rúa da Rosa, 22 | Santiago de Compostela | A Coruña |
FEAFES (Federación de Asociaciones de Familiares y Personas con Enfermedad Mental de Galicia) | Rúa de Belgrado, 1 | Santiago de Compostela | A Coruña |
Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) | Hospital Clínico, Edificio D, 1ª planta. Travesía da Choupana, s/n | Santiago de Compostela | A Coruña |
SERGAS - Unidade de Desórdenes Alimentarios | Hospital de Conxo. Rúa Ramón Baltar, s/n | Santiago de Compostela | A Coruña |
SERGAS - Unidade de Rehabilitación | Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Rúa da Choupana, s/n (Santa Marta) | Santiago de Compostela | A Coruña |
SERGAS - Unidade de Saúde Mental II | Centro de Saúde de Fontiñas.
Rúa Londres, 2-4 (Fontiñas) |
Santiago de Compostela | A Coruña |
SERGAS - Unidade de Saúde Mental III | Centro Saúde de Conxo, Plaza Martín Herrera, 2 | Santiago de Compostela | A Coruña |
SERGAS - Unidade de Saúde Mental IV | Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Rúa da Choupana, s/n (Santa Marta) | Santiago de Compostela | A Coruña |
SERGAS - Unidade de Saúde Mental Infanto-Xuvenil | Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Rúa da Choupana, s/n (Santa Marta) | Santiago de Compostela | A Coruña |
Centro de Psicología Pauta | Rúa do Hórreo, nº 170, 5º A | Santiago de Compostela | A Coruña |
Unidade de Tabaquismo e Trastornos Adictivos - Facultade Psicoloxía | Facultade de Psicoloxía. Campus Universitario Sur, s/n | Santiago de Compostela | A Coruña |
Unidade Venres Clínicos - Facultade de Psicoloxía | Facultade de Psicoloxía. Campus Universitario Sur, s/n | Santiago de Compostela | A Coruña |
SERGAS - Unidade de Saúde Mental | Centro de Saúde. Rúa Eijo Garay s/n | Burela | Lugo |
UAD (Unidade Asistencial de Drogodependencias) do Concello de Burela | Rúa Laxelas, s/n | Burela | Lugo |
ALUME (Asociación Lucense de Ayuda Enfermos Mentales) | Rúa Nicomedes Pastor Díaz, 6-8 | Lugo | Lugo |
SERGAS - Centro de Centro de Orientación Familiar | Centro de Salud de la Plaza de El Ferrol, nº 11 | Lugo | Lugo |
SERGAS - Centro de Orientación Familiar (COF) | Rúa Alberto Vilanova, 14 | O Carballiño | Ourense |
Fundación DIAGRAMA | Barrio Montealegre, Camiño dos Rapaces, 4 | Ourense | Ourense |
SERGAS - Centro de Orientación Familiar (COF) Nóvoa Santos | Rúa Xoan XXIII, 8-10 | Ourense | Ourense |
SERGAS - Unidade de Prevención de Suicidios | Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Rúa Ramón Puga Noguerol, 52-54 | Ourense | Ourense |
SERGAS - Unidade de Interconsulta e Enlace (Programa de Dano Cerebral) | Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Rúa Ramón Puga Noguerol, 52-54 | Ourense | Ourense |
SERGAS - Unidade de Rehabilitación | Hospital Santo Cristo de Piñor. Estrada de Piñor s/n | Ourense | Ourense |
SERGAS - Hospital de Día | Hospital Santa María Nai. Barrio Regueiro Fozado, 12 | Ourense | Ourense |
SERGAS - Unidade de Saúde Mental da Ponte | Rúa Xeneral Aranda, 9. | Ourense | Ourense |
SERGAS - Unidade de Saúde Mental Infanto-Xuvenil | Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Rúa Ramón Puga Noguerol, 52-54 | Ourense | Ourense |
SERGAS –UCA (Unidade de Conductas Adictivas) | Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Rúa Ramón Puga Noguerol, 52-54 | Ourense | Ourense |
Asociación Avelaíña de Axuda a Persoas con Problemas de Saúde Mental | 2º Transversal Coruto Vello, 33, Salcidos | A Guarda | Pontevedra |
Instituto de Neuro-rehabilitación Quirón Salud | Avda. Andurique, 11 | Poio | Pontevedra |
Cognitiva Unidad de Memoria (Pontevedra) | Rúa Eduardo Pondal, 28 | Pontevedra | Pontevedra |
Centro Príncipe Felipe (Deputación de Pontevedra) | Avda. de Montecelo, 12 | Pontevedra | Pontevedra |
Gabinete de Psicología “Psicología y Más” | Rúa Andrés Muruáis, 1, 5A | Pontevedra | Pontevedra |
ADAHPO (Asociación Déficit de Atención e Hiperactividade de Pontevedra) | Rúa Rosalía de Castro, 36 | Pontevedra | Pontevedra |
Centro Interdisciplinar Paso a Paso (Clínica Virar, S. L.) | Rúa Pastor Díaz, nº 1, 3º B | Pontevedra | Pontevedra |
Centro Médico Pontevedra CLIPSIMED, S.L. | Rúa Eduardo Pondal, 6, baixo | Pontevedra | Pontevedra |
CERTIGO Crecer Contigo | Lugar A Pereira, 28 | Porriño | Pontevedra |
ALENTO (Asociación de Daño Cerebral de Vigo) | Rúa da Pedra Seixa, s/n | Vigo | Pontevedra |
ASVIDAL (Asociación Viguesa de Alcohologia) | Rúa Escultor Gregorio Fernández, 8 | Vigo | Pontevedra |
Centro de Psicoloxía CAPS | Rúa Ronda de Don Bosco, nº 30, 3º C | Vigo | Pontevedra |
CEDRO (Centro Asistencial de Drogodependencias) | Rúa Pintor Colmeiro, 9 | Vigo | Pontevedra |
DOA (Centro de Rehabilitación Psicosocial de Vigo) | Rúa Romil, 84 | Vigo | Pontevedra |
Graña Saúde, S.L. | Rúa Romil, 74 | Vigo | Pontevedra |
Psicoestudio SLP | Rúa Pi y Margall, 103, 1º | Vigo | Pontevedra |
Instituto Médico IMAYA | Avda. Gran Vía, 35, 5º esquerda | Vigo | Pontevedra |
Gabinete Ítaca | Rúa Pizarro, 38, 2º esquerda | Vigo | Pontevedra |
Asociación Lar Pro-Saúde Mental | Rúa Miuño Novo, 1-5, A Laxe | Vilagarcía de Arousa | Pontevedra |
Fundación Lar Pro-Saúde Mental | Rúa Miuño Novo, 1-5, A Laxe | Vilagarcía de Arousa | Pontevedra |
Nota: O número de prazas ofertadas por cada dispositivo está suxeito á dispoñibilidade dos titores externos e se informa cada curso con anterioridade á fase de asignación de centro de prácticas
Centros fora de Galicia con convenios co máster
Centro/dispositivo | Enderezo | Localidade | Com. autónoma |
---|---|---|---|
Cognitiva Unidad de Memoria | Varias localidades | Andalucía
Castilla-León Islas Canarias Madrid Navarra País Vasco |
|
Asociación Amigos contra la Droga de Avilés | c/ Piqueros de Abajo, 14 | Avilés | Asturias |
Gabinete de Psicología Aplicada y Análisis de Conducta | c/ Marqués de San Esteban, 21, 1º derecha | Gijón | Asturas |
Fundación Instituto SPIRAL | c/ Torrecerredo, 8, Bajo | Oviedo | Asturias |
Unidad de Atención Psicológica. Universidad de Almería | Edificio CAE, segunda planta, La Cañada | Almería | Andalucía |
Centro Sanitario Polivalente Patrizia Carmen Marruffi Bonfante | c/ General Menacho, 4, bajo derecha | Cádiz | Andalucía |
Asociación IMERIS (Granada) | c/ Licenciado Vidriera Nª 2- Local 5 | Granada | Andalucía |
Centro de Psicología y Logopedia María José Romero Tirado | c/ La Palma, nº 8 | Huelva | Andalucía |
Ita ABB (Málaga) | c/ Salitre, 30 | Málaga | Andalucía |
Asociación de Familiares para la Rehabilitación del Daño Cerebral Sinapsis | c/ Ruta del Vino, nº 3 | Torre del Mar, Málaga | Andalucía |
CEPSICAP (Centro de Psicología Aplicada) | c/ Burgo Nuevo, 20, 3ºC | León | Castilla-León |
Avanza Psicología y Logopedia – Vanessa González Gavela | c/ Clara Campoamor, nº 5, 2º A | Ponferrrada | Castilla-León |
Centro Psicológico SELF | Avda. Alfonso IX, 78, 5º K | Salamanca | Castilla-León |
Centro Psicología MTE | c/ Miguel Servet, 7, bajo B (Arroyo de Encomienda) | Valladolid | Castilla-León |
El Puente Salud Mental | c/ Tajahierro, S/N | Valladolid | Castilla-León |
ITA Clínic BCN S.L. | c/ L'avenir, 14 | Barcelona | Cataluña |
Gabinete de Psicopedagogía, Logopedia y Psicología Loreto Bonmatí | Ctra. de Agost, 23-25 | San Vicente del Raspeig, Alicante | Comunidad Valenciana |
Psicoactua-Hospital Vithas | c/ Padre Arrupe, 20 | Alicante | Comunidad Valenciana |
ADSIS. Centro HEDRA | c/ de Rubén Vela, 47 | Valencia | Comunidad Valenciana |
Psicosana Badajoz S.L.U. | c/ Gaspar Méndez, 15 | Badajoz | Extremadura |
Down Mérida – Asociación Síndrome de Down de Extremadura | c/ José Hierro, s/n | Mérida | Extremadura |
Asociación de cáncer de mama de Tenerife (ÁMATE) | Grupo 148 viviendas, Av. Príncipes de España, Bloque C, Local 8 | Santa Cruz de Tenerife | Islas Canarias |
Asociación Apananá | c/ López de Hoyos, 364, 1º A | Madrid | Madrid |
NB Psicología Integral SLP | c/ Real, 59, escalera izquierda, 1º A | Collado Villalba | Madrid |
Consulting Asistencial Sociosanitario, S.L. | c/ Serrano, 45, piso 3A | Madrid | Madrid |
GEPAC (Grupo Españolde Pacientes con Cancer) | Avda. de Córdoba, 15, 2º B | Madrid | Madrid |
Características das prácticas externas do MUPXS
A disposición adicional sétima da Lei Xeral de Saúde Pública 33/2011 regula a profesión de psicólogo xeral sanitario e determina a súa vía de acceso a través dun Máster universitario en Psicoloxía Xeneral Sanitaria (MUPXS).
As prácticas externas do MPXS (Prácticum) son unha parte esencial do seu programa formativo. O seu desenvolvemento busca a vinculación entre a teoría e a práctica clínica supervisada, en función do contexto, o rol do profesional e o tipo de competencia a adquirir. Pretenden a asunción progresiva de responsabilidades por parte do estudante ata alcanzar un nivel de autonomía óptimo. Levaranse a cabo en contextos clínicos baixo a supervisión dun psicólogo cualificado (psicólogo especialista en psicoloxía clínica) ou acreditado.
Psicólogo/a supervisor/a
O Psicólogo/a supervisor/a é o responsable de: (a) a titorización das actividades prácticas encamiñadas á adquisición das competencias e (b) a avaliación periódica das devanditas competencias ao longo do proceso formativo, facendo partícipe ao estudante das súas fortalezas, debilidades e necesidades, de cara a corrixir as carencias detectadas para emendalas.
Durante o período de Practicum, o estudante pasa progresivamente por dúas fases: observación participativa e actuación directa. Orientativamente, a primeira destas podería ter unha duración en torno a tres semanas, aínda que esta asignación pode variar en función do criterio do titor.
Estudante
Durante o proceso de aprendizaxe das habilidades e competencias, o estudante deberá revisar a súa progresión. Con este propósito deberá rexistrar semanalmente unha valoración detallada de como avanza o seu traballo, consignando o nivel de dificultade encontrado e as necesidades e problemas particulares que foron xurdindo no desempeño de cada actividade, para comentalas e discutilas posteriormente co supervisor e tratar de remover os obstáculos atopados. Esta tarefa serve ademais para que o estudante aprenda a monitorizar e avaliar o seu traballo. Tamén rexistrará, mediante o informe pertinente, calquera actividade á que asistise, seguindo o criterio do titor/a (sesións clínicas, conferencias, obradoiros, etc.) e o anexará á Memoria descritiva ao finalizar cada período de Practicum.
A práctica supervisada
A práctica supervisada require compromiso por parte do titor. Este proceso inclúe actividades graduadas de responsabilidade:
- Observación participativa: situacións nas que o estudante observa o supervisor realizando distintas tarefas, para familiarizarse coas diferentes técnicas e facetas da actividade clínica, usando a reflexión sobre o observado como parte do proceso de aprendizaxe e de desenvolvemento
- Actuación directa: tarefas realizadas directamente polo estudante baixo a observación do supervisor. A cesión de tarefas de actuación directa será gradual, de acordo co nivel de soltura que o estudante vaia adquirindo, dende accións concretas e definidas ata intervencións completas. Como apoio para o manexo das tarefas e actividades, o supervisor poderá pedir ao estudante a revisión de material teórico adicional, se así o considera conveniente. Despois de cada intervención, o alumno elaborará un Informe sobre a actividade realizada (nel relatará o/obxectívoos/s da tarefa, a descrición desta, instrumentos, metodoloxía, etc.) que comentará na sesión de supervisión. A modo orientativo, dous Informes de actividades no Practicum I e tres no Practicum II.
O desenvolvemento de cada actividade, sexa de observación sexa de actuación, constitúe a base para a subseguinte discusión detallada e reflexión crítica como parte do proceso de aprendizaxe. Requirirá dedicación semanal, para que supervisor e estudante traballen xuntos, discutan a labor/actividade realizada polo estudante, resolvan dificultades e dúbidas, e o titor axude o estudante a procesar o traballo a nivel cognitivo e emocional e o reafirme no desenvolvemento da súa confianza profesional.
En ambos os dous niveis de formación o supervisor deberá avaliar de forma continua o desempeño do estudante, durante e a finalizar o período de prácticas, usando categorías de cualificación para as que se proporcionarán orientacións na Ficha de avaliación das competencias según o sistema de rúbricas.
Algúns exemplos de actividades supervisadas
- Formulación de caso (participación na elaboración de informes psicolóxicos, avaliación e análise funcional)
- Participación na elaboración de protocolos e programas de avaliación, intervención e seguimento.
- Manexo en situacións de crise
- Intervención psicolóxica a persoas que sofren algún conflito, problema, ruptura, perda, etc.
- Intervención psicolóxica: técnicas de orientación, consello e apoio psicolóxico persoal, familiar e de parella
- Aplicación de técnicas específicas (control e manexo do estrés, adestramento en habilidades sociais, rehabilitación cognitiva, etc.)
- Avaliación e deseño de programas de rehabilitación psicosocial
- Avaliación e intervención para a mellora da adherencia ao tratamento médico
- Deseño de programas e actividades de prevención e promoción da saúde (tabaquismo, obesidade, actividade física, etc.).
- Avaliación e deseño de programas de intervención psicolóxica na enfermidade física crónica (trastornos cardiovasculares, cancro, diabete, enfermidades dixestivas, etc.)
- Manexo da dor
- Programas de intervención en coidados paliativos
- Asistencia a sesións clínicas
- Procura de material bibliográfico relativa a algún caso
Traballo Fin de Máster (TFM)
O TFM ten asignada unha extensión de 12 créditos. Realízase no primeiro semestre do segundo curso e deféndese ao finalizar este.
O TFM está orientado á avaliación das competencias asociadas ao título. Realizarase no ámbito da psicoloxía xeral sanitaria e estará relacionado con calquera das temáticas tratadas nas materias do título. Nel os estudantes deberán demostrar os coñecementos e competencias adquiridos no conxunto do Máster para a realización de investigacións, avaliacións e intervencións psicolóxicas sobre aqueles aspectos do comportamento e a actividade das persoas que inflúen na promoción e mellora do seu estado xeral de saúde. No caso de que se realice no marco das investigacións de ámbito sanitario do profesorado do Máster deberá igualmente permitir a adquisición de destrezas, técnicas, coñecementos, capacidade de análise e crítica necesarios para o axeitado desempeño profesional.
O traballo poderá incluír unha parte empírica ou experimental, o deseño dun protocolo ou proposta de intervención, ou a análise de casos (avaliacións, informes psicolóxicos). O estudante deberá realizar e presentar un traballo orixinal no que demostre as competencias adquiridas ao longo dos estudos. Incluirá, tarefas de busca e revisión bibliográfica, análise crítica, sistematización e integración de información, redacción e presentación oral e escrita.
Avaliación do TFM
O TFM avaliarase mediante a defensa pública do traballo realizado ante unha Comisión Avaliadora composta por tres profesores nomeados pola Comisión Académica de entre o profesorado do Máster, de acordo co establecido na normativa correspondente. Esta Comisión deberá ter en conta tamén o informe valorativo do traballo que emitirá o titor/a. Na avaliación do TFM valorarase: a relevancia e oportunidade que dentro do ámbito sanitario teña a formulación do estudo, a pertinencia e actualización da revisión bibliográfica, a expresión e coherencia do documento, o manexo apropiado da linguaxe, a profundidade na abordaxe do tema, a capacidade de analizar as limitacións do estudo así como de realizar proposta de directrices futuras, a competencia na presentación escrita e oral do traballo seguindo as normas de estilo da APA, a capacidade para comunicar as conclusións alcanzadas e as razóns que as sustentan, a capacidade de argumentar con solvencia e responder ás cuestións formuladas na defensa pública do TFM.