Pasar al contenido principal
Firme no seu compromiso social, a Universidade de Santiago de Compostela considera prioritario o Programa de axudas para persoas procedentes de zonas en conflito

Este programa, en funcionamento dende o curso académico 2016-2017, proporciona axudas de 12 meses de duración a estudantes de grao, mestrado e doutoramento que posúan estatuto de refuxiado/a en España, de protección temporal en España, acreditación da condición de refuxiado/a por parte da Axencia da ONU para os Refuxiados (ACNUR) ou que procedan de zonas en conflito. 


As axudas consisten na cobertura da matrícula en estudos oficiais da USC, a realización de dous cursos semestrais de galego ou español no Centro de Linguas Modernas, unha praza de aloxamento no Servizo Universitario de Residencias e unha dotación mensual para gastos de manutención. 
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.08.2024.