Pasar al contenido principal

Aprendizaxe-Servizo (ApS)

Proxectos de innovación en Aprendizaxe-Servizo (ApS)

A ApS na Universidade de Santiago de Compostela

A Aprendizaxe-Servizo (ApS) pode ser descrita como unha metodoloxía educativa que integra os procesos de aprendizaxe coa realización de tarefas de servizo á comunidade. Nun marco de reciprocidade, o alumnado traballa sobre as necesidades reais da contorna o que lle permite mellorar o coñecemento nunha disciplina e ampliar a súa responsabilidade social.

O auxe da ApS na educación superior está ligado a unha activa relación da universidade coa sociedade civil. No ano 2015, a CRUE recoñecía a importantacia da institucionalización da ApS como estratexia docente dentro do marco da Responsabilidade Social Universitaria para a promoción da sostenibilidade.

A Universidade de Santiago de Compostela consciente desta demanda implementa un plan de actuación destinada a dar formación e impulsar proxectos de innovación educativa neste campo. A tal fin establecense dous elementos de acción:

  • Formación inicial a través dun curso de "Introdución á ApS na Universidade" de 10 horas de duración (presencial e on-line). Esta iniciativa aborda cuestións como a sensibilización, conceptualización, posibles ámbitos de aplicación na formación universitaria e pautas para a elaboración dun proxecto en ApS.
  • Convocatoria de proxectos de innovación educativa en ApS. Con carácter anual ábrese unha convocatoria destinada ao deseño e implementación  e recoñecemento de iniciativas innovadoras.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.11.2024.