Pasar al contenido principal

Resolto o certame TED Saúde 2023 para fomentar a existencia de recursos divulgativos en galego neste eido

Na modalidade A, dirixida a alumnado, PDI ou PAS da USC, proclamouse vencedora Pilar Brocos Fernández, polos subtítulos ‘Unha moza científica na busca de auga potable’, elaborados para o vídeo ‘A young scientist's quest for clean water’, de Deepika Kurup
Na modalidade A, dirixida a alumnado, PDI ou PAS da USC, proclamouse vencedora Pilar Brocos Fernández, polos subtítulos ‘Unha moza científica na busca de auga potable’, elaborados para o vídeo ‘A young scientist's quest for clean water’, de Deepika Kurup
Pilar Brocos, Belén Albor, Laura Sánchez Castro, Paola Costa e María Suárez Seijas integran a listaxe de gañadoras da oitava edición deste concurso de subtitulación de vídeos

O concurso de subtitulación de vídeos TED de Ciencias da Saúde logrou superar por primeira vez en 2023 a barreira do medio cento de vídeos subtitulados. Cos obxectivos de estimular o uso do galego nesta área de coñecemento e fomentar a existencia de recursos divulgativos en galego en novos soportes, a Vicerreitoría de Transformación Dixital e Innovación, a través do Servizo de Normalización Lingüística (SNL) e co apoio das comisións de normalización das facultades de Ciencias, Enfermaría, Farmacia, Medicina e Odontoloxía, Óptica e Optometría, Psicoloxía e Veterinaria da USC, acaba de resolver a que xa é a oitava edición deste certame.    

Na modalidade A, dirixida a alumnado, PDI ou PAS da USC, proclamouse vencedora Pilar Brocos Fernández, polos subtítulos ‘Unha moza científica na busca de auga potable’, elaborados para o vídeo ‘A young scientist's quest for clean water’, de Deepika Kurup. A gañadora recibirá 300 euros e o correspondente diploma acredidativo. O segundo posto, dotado con 250 euros, recaeu en María Belén Albor Nimo, polos subtítulos ‘A forma en que pensamos no sexo biolóxico é errónea?’, elaborados para o vídeo ‘The way we think about biological sex is wrong’, de Emily Quinn. Finalmente, o terceiro posto foi parar a Laura Sánchez Castro, polos subtítulos ‘A psicoloxía do trastorno por estrés postraumático?’, elaborados para o vídeo ‘The psychology of post-traumatic stress disorder, de Joelle Rabow Maletis’. Sánchez Castro recibirá 200 euros polo seu traballo.

Na modalidade B, dirixida a persoas alleas á USC, o primeiro premio de 300 euros e diploma honorífico distinguiu a Paula Costa Villanueva, polos subtítulos ‘A ciencia de conservarmos a vista’, elaborados para o vídeo ‘The science of preserving sight’, de Joshua Chu-Tan. O segundo galardón de 150 euros e diploma honorífico foi parar a María Suárez Seijas, polos subtítulos ‘E se ensinásemos a saúde mental coma o abecedario?’, elaborados para o vídeo ‘What If We Taught Mental Health Like We Teach the ABCs?’, de Katlynn Whitaker.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.12.2023.