Pasar al contenido principal

Reúnense esta semana en Santiago para debater sobre a planificación de dinámicas urbanas creativas

Reúnense esta semana en Santiago para debater sobre a planificación de dinámicas urbanas creativas
Reúnense esta semana en Santiago para debater sobre a planificación de dinámicas urbanas creativas
No marco dun proxecto do Programa Erasmus+ Acción Estratéxica

No marco do proxecto ‘Dinámicas Urbanas’ do Programa Erasmus+ Acción Estratéxica esta semana está a ter lugar na Facultade de Xeografía e Historia o seminario ‘Políticas urbanas e creatividade’ , no que arredor de 50 docentes e estudantes desenvolven perspectivas de planificación e deseño urbano creativo.

Dinámicas Urbanas é un proxecto interdisciplinario fundado polas universidades europeas de Santiago de Compostela, Kiel e París 8 e as latinoamericanas de El Salvador e Federal de Pernambuco que ten como obxectivo establecer unha rede global de educación para a xestión e os estudos urbanos, facilitando a mobilidade de estudantes, profesores e creando espazos para o debate e o intercambio de ideas.

O proxecto agrupa coñecementos e métodos de xeografía, socioloxía urbana, estudos literarios e culturais, xestión intercultural e administración urbana para dotar a xuventude de todo o mundo dunha educación completa e competitiva. A Asociación Estratéxica pretende, por unha banda, xerar e compartir novas ensinanzas sobre as dinámicas urbanas globais así como experiencia profesional que promova a empregabilidade, especialmente nos ámbitos de mediación e xestión de conflitos socioculturais na cidade, e, por outra, crear módulos de aprendizaxe interdisciplinarios e internacionais con relevancia específica para os campos profesionais.

O equipo de Dinámicas Urbanas da USC intégrano os profesores Rubén C. Lois –coordinador do Grupo de Análise Territorial (ANTE) e líder do proxecto na USC– e María José Piñeira, do Departamento de Xeografía, e Anxo Abuín e Fernando Cabo, do de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral.

O encontro, no que participan especialistas nas áreas do proxecto, contempla varias visitas a centros socioculturais e percorridos polas cidades de Santiago e A Coruña. Ademais, os estudantes presentaron os resultados de casos de estudo xa rematados e durante estes días están realizando traballo de campo na cidade. Igualmente, o comité directivo do proxecto discutirá unha serie de aspectos relacionados co futuro da asociación estratéxica Dinámicas Urbanas, mesmo a posibilidade de crear un Máster conxunto Erasmus Mundus.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.03.2017.