Pasar al contenido principal

Aberto o prazo para participar nos Campionatos Universitarios de Galicia e de España

Alumnado da USC nunha competición de voleibol. FOTO: Santi Alvite
Alumnado da USC nunha competición de voleibol. FOTO: Santi Alvite
No caso da competición estatal pode formalizarse a solicitude para ser obxecto de convocatoria ata o 29 de febreiro, mentres que no caso galego o prazo remata o 31 de xaneiro

As persoas que desexen participar nos Campionatos Galegos Universitarios (CGU) ou nos Campionatos de España Universitarios (CEU) na modalidade individual xa poden formalizar a súa solicitude para ser convocados a través da páxina web da Área Deportiva da USC.

No caso da competición estatal, a inscrición permanece aberta ata o 29 de febreiro en atletismo, bádminton, campo a través, escalada, esgrima, halterofilia, hípica, judo, karate, loita, natación, orientación, pádel, taekwondo, tenis, tenis de mesa, tríatlon, voleibol de praia e xadrez.

Nos campionatos galegos, o prazo para formalizar a solicitude esténdese ata o 31 de xaneiro e abrangue as modalidades deportivas de baloncesto, balonmán, fútbol 11, fútbol sala, orientación, rugby, vela, natación e voleibol. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.01.2024.