Pasar al contenido principal
A área TIC (ATIC) organízase en torno a un director que actúa como interlocutor coas distintas unidades da USC.

De xeito interno estrutúrase en cinco subdireccións, baixo a dependencia directa do director, dedicadas aos diferentes ámbitos de actividade no eido das tecnoloxías da información e das comunicacións (TIC).

    Subdirección de Infraestruturas Subdirección de Servizos para a Docencia e a Investigación Subdirección de Coordinación e Operacións Subdirección de Proxectos Subdirección de Ciberseguridade

    Esta subdirección ocupase da xestión da infraestruturas de comunicacións e procesamento de información necesarias para a implementación dos servizos TIC, abrangue o relativo ás redes de comunicación e servizos de telefonía, xestión dos Centros de Procesos de Datos (on Premise e na nube), mantemento de servidores, relación con RedIRIS...

    Organigrama:

    • Responsable de redes de comunicacións
    • Responsable de centros de datos
    • Responsable de servizos básicos
    • Responsable do Campus de Lugo

    Esta subdirección ocupase de prestar a atención de primeiro nivel, directamente en contacto cos membros da comunidade universitaria que usan os servizos TIC, terá a responsabilidade da provisión e mantemento do equipo de posto de traballo, aulas de informática, equipamento multimedia aulas, seminarios e salas de reunión, subministración  de software de docencia e investigación, e atención aos usuarios a través do Centro de Atención de Usuarios (CAU).

    Organigrama

    • Responsable de atención a centros e unidades
    • Responsable equipamento TIC de centros e persoal da USC
    • Responsable de calidade dos servizos
    • Responsable multimedia
    • Centro de Atención de Usuarios

    Esta subdirección ten a responsabilidade de coordinar a operación diaria dos servizos que afectan á comunidade universitaria. Ademais, encárgase da operación e integración das aplicacións institucionais  que prestan servizo á docencia e á investigación tanto no ámbito académico coma no administrativo

    Organigrama

    • Responsable de operación de servizos para a docencia
    • Responsable de operación de servizos para a investigación
    • Responsable de operación de servizos administrativos xerais
    • Responsable de operación de servizos comúns e integración

     

    Nesta unidade agrúpanse as funcións de xestión dos proxectos TIC dirixidos a crear, modificar ou retirar servizos do catálogo de servizos TIC da USC. Fai as funcións de oficina de proxectos para toda a área e conta con recursos écnicos e humanos para a xestión dos proxectos e a implementación de aspectos críticos que requiren do coñecemento das peculiaridades da infraestrutura e sistemas de xestión universitarios.

    As súas funcións comprenden todas as actividades necesarias para o despregamento seguro dos servizos definidos no catálogo, actuando de xeito transversal con respecto ao resto de subdireccións.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.06.2024.