Pasar al contenido principal

O profesor Juan Casares Long, novo membro do comité de dirección do Instituto Wessex de Tecnoloxía

O profesor Juan Casares Long, novo membro do comité de dirección do Instituto Wessex de Tecnoloxía
O profesor Juan Casares Long, novo membro do comité de dirección do Instituto Wessex de Tecnoloxía

O Instituto Wessex de Tecnoloxía acaba de nomear o catedrático de Enxeñaría Química e ex reitor da USC, Juan J. Casares Long, membro do seu comité de dirección. O Wessex é unha institución científica privada emprazada no Parque Nacional New Forest do Reino Unido e asociada á Universidade de Gales.

O consello de dirección do Instituto diríxeo o profesor Carlos Brebbia, recoñecido internacionalmente como o creador do BEM (Método de Elementos Fronteira) para a resolución de ecuacións en derivadas parciais de gran interese industrial na área de Cálculo de Estruturas Mecánicas. Casares substituirá no cargo ao profesor Matiur Rahman, falecido o pasado ano.

Esta institución dedícase fundamentalmente a desenvolver programas de doutoramento e mestrado propios ou en colaboración con outras institucións académicas; realizar investigacións nas áreas de mecánica de fluídos, cálculo de estruturas e danos estruturais, modelización ambiental, enxeñaría industrial e tecnoloxías da información e comunicación; e servir de consultaría á industria aeroespacial, do automóbil e mecánica e naval no ámbito de aplicación do Análise de Elementos Fronteira (BEASY).

Juan Casares
Licenciado en Química pola USC en 1972, Juan Casares doutorouse en Química pola Universidade Autónoma de Barcelona e en Enxeñería Química pola Universidade de Salford. Logo de traballar a mediados dos 80 na Universidade do Petróleo e Minerais de Arabia Saudí, volveu á USC como profesor titular.

Catedrático das Universidades de Sevilla e Cantabria, o profesor Casares foi, ademais de reitor da USC, director do Centro de Supercomputación de Galicia entre 1993 e 1997 e do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental da Xunta de Galicia (1997-2001).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.03.2017.