Pasar al contenido principal
  • Estudiar

Abre o prazo a Convocatoria de axudas complementarias do programa Erasmus+ 2023/2024 da Xunta de Galicia

Axudas complementarias Erasmus 2023/24
Axudas complementarias Erasmus 2023/24
Se estás facendo o teu Erasmus, xa o fixeches no primeiro semestre ou o vas facer no segundo semestre, xa podes solicitar esta axuda complementaria a través da Sede Electrónica da Xunta

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia vén de publicar o día 02/01/2024, a convocatoria para as axudas complementarias para o estudantado de grao que desfrute dunha mobilidade Erasmus durante o curso 23/24. Poden consultarse as bases da convocatoria aquí.

Se estás facendo o teu Erasmus, xa o fixeches no primeiro semestre ou o vas facer no segundo semestre, dende o día 03/01/2024, xa podes solicitar esta axuda complementaria a través da Sede Electrónica da Xunta. Esta é a única forma válida de presentar a solicitude, xa que a Xunta só admite a solicitude electrónica, sen que exista a posibilidade de presentala presencialmente no Rexistro da Xunta.

O prazo remata o 02/02/2024.
Máis información sobre a axuda e a súa solicitude, así como o acceso ao formulario electrónico na Sede

Tal como establece a propia convocatoria da Xunta, “en caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios, poderán dirixirse ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico 012 [at] xunta.gal (012[at]xunta[dot]gal). Se as dúbidas están relacionadas coa presente convocatoria, poderás facer as túas consultas no enderezo electrónico orientacion.sug [at] edu.xunta.gal (orientacion[dot]sug[at]edu[dot]xunta[dot]gal).

Polo tanto, para calquera dúbida, débese contactar directamente coa Xunta de Galicia (non coa USC).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.01.2024.