Pasar al contenido principal

Como impulsar os resultados de investigación a través da IA, a debate en Ciencias da Comunicación

A xornada está dirixida principalmente a persoal investigador dos diferentes centros de investigación en Ciencias Sociais, Humanidades e de Intelixencia Artificial da USC. FOTO: Santi Alvite
A xornada está dirixida principalmente a persoal investigador dos diferentes centros de investigación en Ciencias Sociais, Humanidades e de Intelixencia Artificial da USC. FOTO: Santi Alvite
A sesión desenvolverase o vindeiro 24 de xaneiro de 12.00 a 14.30 horas
Santiago de Compostela

A xornada de innovación e transferencia ‘Como impulsar os resultados de investigación a través da IA’ quere fomentar a colaboración entre diferentes áreas de investigación da USC, coa fin de identificar oportunidades e impulsar os resultados de investigación a través da Intelixencia Artificial. A sesión desenvolverase o vindeiro 24 de xaneiro na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC de 12.00 a 14.30 horas. A inscrición pode formalizarse a través dun formulario en liña ata o 22 de xaneiro.

Carles Sierra, director do Instituto de Investigación en Intelixencia Artificial do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e da Universidade Autónoma de Barcelona; María José Carreira, investigadora do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS) e Antonio Artés Rodriguez, socio fundador de EB2, spin-off da Universidade Carlos III de Madrid serán os relatores nesta xornada.

A xornada está enfocada en fomentar a hibridación de resultados de investigación, poñendo o foco na área de Ciencias Sociais e Humanidades coa Intelixencia Artificial. O obxectivo deste encontro é coñecer casos de éxito que sexan exemplos desta hibridación e, por outra parte, fomentar a colaboración entre diferentes equipos de investigación da USC.

Está dirixida principalmente a persoal investigador dos diferentes centros de investigación en Ciencias Sociais, Humanidades e de Intelixencia Artificial da USC. Ademais, as persoas participantes que así o desexen terán a oportunidade de presentar os seus proxectos en formato ‘elevator pitch’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.01.2024.