Pasar al contenido principal

A USC celebra este venres o acto académico de San Tomé de Aquino na Facultade de Veterinaria de Lugo

A catedrática de Patoloxía Animal da USC Mª Patrocinio Morrondo Pelayo pronunciará unha lección maxistral co título ‘Achegas da Parasitoloxía á saúde’

A Universidade de Santiago de Compostela celebrará acto académico con motivo da festividade de San Tomé de Aquino, patrón das universidades, este venres, día 27 de xaneiro, ás 12.00 horas, na salón de actos ‘Enrique Antonio González García’ da Facultade de Veterinaria do campus de Lugo.

O reitor da USC, Juan Manuel Viaño Rey, abrirá esta solemne cerimonia académica, que tradicionalmente se celebra na sede universitaria luguesa, logo de que o coro universitario da USC interprete o ‘Veni Creator’. A catedrática do Departamento de Patoloxía Animal da USC e profesora na Facultade de Veterinaria do campus de Lugo María Patrocinio Morrondo Pelayo pronunciará de seguido a lección maxistral da festa de San Tomé de Aquino, unha intervención que se desenvolverá baixo o título ‘ Achegas da Parasitoloxía á saúde’. O discurso do reitor magnífico da USC e a posterior interpretación do ‘Gaudeamus Igitur’, a cargo coro universitario da USC, servirán de colofón dun acto académico que, ano tras ano, congrega no campus de Lugo un nutrido grupo de autoridades académicas e representantes políticos, ademais de destacados persoeiros do eido empresarial, social e cultural.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.01.2017.