Pasar al contenido principal

Representantes de partidos políticos con representación parlamentaria participan nun coloquio universitario

Detalle do interior da Facultade de Ciencias da Comunicación
O coloquio celebrarase no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación
É unha iniciativa promovida pola USC que se desenvolverá o martes 23 no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación con entrada libre ata completar a capacidade do espazo

A USC organizará o martes 23 un coloquio universitario coas distintas organizacións actualmente representadas no Parlamento de Galicia. O coloquio celebrarase o martes 23 a partir das 19.00 horas no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación con entrada libre ata completar a capacidade do espazo e contará coa presenza de Carmen Pomar (PP), Olalla Rodil (BNG) e Julio Abalde (PSdG). O encontro tamén se retransmitirá en streaming a través da canle de oficial de Youtube da USC.

No desenvolvemento deste encontro abordarase a postura das distintas formacións políticas en relación a temas de interese para a comunidade universitaria, agrupados en catro bloques temáticos: Estudantado, Investigación, Financiamento e Titulacións. Deste xeito, cada partido poderá presentar o seu posicionamento en relación a vivenda e implicación territorial (mobilidade, dispersión, servizos,...) do estudantado; financiamento da investigación e cuestións sobre carreira investigadora e transferencia de coñecemento; autonomía financeira das universidades e inversión do 1% do PIB recollido na LOSU ou custes de matrícula; e xestión do mapa de titulacións, con particular atención á adaptación da oferta á demanda, duplicidade de títulos e relacións coas singularidades territoriais, entre outras cuestións.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.01.2024.