Pasar al contenido principal

Investigadores do ILG analizan nun libro o abandono do uso escrito formal do idioma galego entre os séculos XV e XVI

Os profesores de Filoloxía Galega Ramón Mariño Paz e Xavier Varela son os editores do libro A lingua galega no solpor medieval, incluído na serie Ensaio & Investigación do Consello da Cultura Galega (CCG). A obra aborda a cuestión do abandono do uso escrito formal do idioma galego entre os séculos XV e XVI e achégase tamén a algúns dos procesos de cambio nos que estaba inmersa esta lingua naquela época.

O libro presentarano nun acto público este xoves 2 ás 12.00 horas na Biblioteca do Consello da Cultura Galega a vicepresidente do CCG, Rosario Álvarez; o secretario do Instituto da Lingua Galega, Francisco Dubert; e o editor do libro, Xavier Varela.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.03.2017.