Pasar al contenido principal

O CLM amplía ata o 7 de febreiro a inscrición nos test de nivel

As persoas que non teñen feito o test de nivel, poden facelo poñéndose en contacto co campus e lingua que lles interesa, dende a súa Secretaría Virtual. FOTO: Santi Alvite
As persoas que non teñen feito o test de nivel, poden facelo poñéndose en contacto co campus e lingua que lles interesa, dende a súa Secretaría Virtual. FOTO: Santi Alvite
O prazo para a formalización da matrícula esténdese tamén ata o 10 de febreiro
Lugo, Santiago de Compostela

O Centro de Linguas Modernas da USC (CLM) acaba de ampliar ata o 7 de febreiro o prazo de inscrición nos test de nivel e ata o día 10 o período para a formalización da matrícula, agás Español como Lingua Estranxeira (ELE) e checo que dispoñen de calendario específico.  

Os idiomas que aínda teñen prazas libres no Campus de Lugo son inglés, francés, alemán, galego para non galegofalantes e ELE. No caso de Compostela, aínda é posible solicitar praza en inglés, francés, alemán, catalán, checo, italiano, portugués, galego para non galegofalantes e ELE. As persoas con nivel asignado polo CLM poden matricularse ata o 10 de febreiro, agás o alumnado dos idiomas con calendario específico. As persoas que non teñen feito o test de nivel, poden facelo poñéndose en contacto co campus e lingua que lles interesa, dende a súa Secretaría Virtual. As clases comezan os días 5 e 6 deste mes.

Ademais, as tarifas para o estudantado redúcense nun 40% no caso de cursos e conversas de linguas estranxeiras e convértense en gratuítas no caso das linguas oficiais, galego e castelán. Esta é unha das novidades da oferta formativa do Centro de Linguas Modernas da USC (CLM) para este segundo semestre que ve reducidas as súas tarifas en cumprimento do establecido nas Liñas xerais do orzamento de 2023.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.05.2024.