Actividades arredor do 11 de febreiro
Para conmemorar o 11 de febreiro, Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, promóvese un programa de actividades de sensibilización na USC
Unha enxeñeira ou científica en cada cole. 9ª edición
- Obxectivo: visibilizar referentes femininos nas disciplinas coñecidas como CTEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) mediante a realización de obradoiros.
- Dirixido: alumnado de 4.º Primaria.
- Data: ao longo dos meses de febreiro e marzo.
- Organiza: Oficina de Igualdade de Xénero, coa colaboración do concello de Santiago.
- Máis información: Unha enxeñeira ou científica en cada cole
'Protagonistas, as enxeñeiras'
- Obxectivo: obradoiros divulgativos sobre temáticas e disciplinas relacionadas títulos e grao e mestrado impartidos na EPSE.
- Dirixido: alumnado de Ensino Medio.
- Data: 6 de febreiro de 2024.
- Organiza: Comisión de Igualdade de Xénero da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
- Máis información
'Muller científica=bicho raro'
A cargo de de María Elena Vázquez Abal, catedrática da USC e investigadora vinculada do CITMAga
- Obxectivo: visibilizar o traballo das mulleres que se dedican á ciencia e a tecnoloxía co fin de crear referentes femeninos para promover as vocacións científicas.
- Dirixido: estudantado de ensino infantil, primario, secundario e universitario.
- Data: 7 de febreiro de 2024.
- Organiza: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga).
- Máis información
CientifiQas: ciencia feita por mulleres no CiQUS
- Obxectivo: encontro entre estudiante de bacharelato e investigadoras do centro para coñecer a a investigación que realizan as mulleres no CiQUS.
- Dirixido: estudantado de bacharelato.
- Data: 9 de febreiro de 2024.
- Organiza: Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares.
- Máis información
V Masterclass de Física de Partículas do IGFAE
- Obxectivo: chegarlles a física ás alumnas inscritas que poderán realizar unha práctica experimental con datos reais do CERN.
- Dirixido: alumnas de 1º de bacharelato de institutos de Galicia.
- Día: 9 de febreiro de 2024.
- Organiza: Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE).
- Máis información
ULTRA-VIOLETAS III. Nesgos de Xénero na Educación
- Obxectivo: encontro no que se tratará o tema dos sesgos de xénero nas aulas.
- Dirixido: público en xeral.
- Día: 22 de febreiro de 2024.
- Organiza: Grupo de divulgacion Luzada
- Máis información