Con revista quérese avanzar nos obxectivos declarados polo CESEG, que se traducen na mellora da nosa calidade democrática e da vida en sociedade dende o estudo e análise científicos. Preténdese reunir na revista a primeiro nivel que ofrezan as súas reflexións sobre temas de actualidade, coa finalidade de achegar solucións e avanzar no coñecemento.
Para unha mellor sistemática nestas análises, cada número dedícase monograficamente, con periodicidade anual, a un determinado tema. Con todo, contémplase a posibilidade de publicar números especiais sobre cuestións novidosas.
Todas as persoas interesadas na investigación sobre defensa e seguridade pode enviar o seu artigo a través do sistema habilitado, ou escribir un correo electrónico a ceseg.revista [at] usc.es (ceseg[dot]revista[at]usc[dot]es) coas súas achegas e consultas.