Pasar al contenido principal

Andrés Goteira e Suso López guían unha sesión aberta sobre o Espazo Cine da USC en Formación do Profesorado

A xornada desenvolverase o 3 de febreiro, a partir das 16.00 horas, e a inscrición pode facerse de balde na área de Cultura da USC en Lugo ou a través do teléfono 982 821 513

Os socios da produtora Gaitafilmes Andrés Goteira e Suso López, director e produtor, respectivamente da longametraxe Doghs, guiarán o vindeiro 3 de febreiro unha sesión aberta sobre o Espazo Cine da USC na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo.

Esta sesión, aberta a todo o público interesado no cine, creación, interpretación, guión, dirección cinematográfica... desenvolverase en quenda de tarde, a partir das 16.00 horas. A inscrición nesta actividade é de balde e pode formalizarse ben nas oficinas da Área de Cultura da USC en Lugo ou ben a través dos número de teléfono 982 821 513.

O obxectivo desta clase aberta é o de dar continuidade durante o segundo cuadrimestre do curso 2016-2017 ao traballo xa desenvolvido na sede universitaria luguesa no marco do Espazo Cine da USC, unha iniciativa promovida polo Servizo de Cultura da USC coa intención de formar e consolidar un espazo universitario acaído para as persoas interesadas no cine e no mundo audiovisual en xeral.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.01.2017.