Pasar al contenido principal

Encontros de Lúa Chea 2022

Enraizadas no rural: innovación con nome de muller

22.03.2022 | 17.00h
Cartel do 1º Encontro de Lúa Chea de 2022
Encontro 1 de 2022 (Innovación con nome de muller)

Os tres proxectos que se xuntan na primeira sesión de 2022 unen ao enfoque innovador e á aposta polo galego un terceiro elemento que os fai relevantes: todos eles nacen de iniciativas femininas.

 

  • Carabuñas, con sede en Vilar de Santos, dedícase a producir e transformar a flor e os froitos do sabugueiro en marmeladas, infusións, xeleas, bombóns, licores ou cervexas.
  • Maruxio combina desde A Estrada o aloxamento rural e a dinamización cultural coa respostería artesá. 
  • Traloagro é unha explotación avícola e bovina, ambas ecolóxicas, de Friol, que deu o paso á transformación e venda a través da posta en funcionamento dunha central de despezamento e de dúas tendas na que vende a súa propia produción e outros produtos certificados.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.02.2024.