22.03.2022 | 17.00h
Sala de xuntas

Os tres proxectos que se xuntan na primeira sesión de 2022 unen ao enfoque innovador e á aposta polo galego un terceiro elemento que os fai relevantes: todos eles nacen de iniciativas femininas.
- Carabuñas, con sede en Vilar de Santos, dedícase a producir e transformar a flor e os froitos do sabugueiro en marmeladas, infusións, xeleas, bombóns, licores ou cervexas.
- Maruxio combina desde A Estrada o aloxamento rural e a dinamización cultural coa respostería artesá.
- Traloagro é unha explotación avícola e bovina, ambas ecolóxicas, de Friol, que deu o paso á transformación e venda a través da posta en funcionamento dunha central de despezamento e de dúas tendas na que vende a súa propia produción e outros produtos certificados.