Pasar al contenido principal

Iria Sanjuán e Iago Facal acadan o primeiro posto nas probas de acceso á Formación Sanitaria Especializada en Farmacia e Física

No exame da especialidade de Farmacia, Iria Sanjuán Casanova alcanzou a mellor cualificación, igual que Iago Facal Molina na de titulados/as en Física. Imaxe de arquivo dun laboratorio da USC. FOTO: Santi Alvite
No exame da especialidade de Farmacia, Iria Sanjuán Casanova alcanzou a mellor cualificación, igual que Iago Facal Molina na de titulados/as en Física. Imaxe de arquivo dun laboratorio da USC. FOTO: Santi Alvite
Un total de cinco persoas tituladas na USC sitúanse entre as mellores cualificadas no marco destas probas en catro especialidades diferentes
Santiago de Compostela

Nas probas de acceso á Formación Sanitaria Especializada 2024, segundos datos provisorios do Ministerio de Sanidade, un total de cinco persoas tituladas na USC sitúanse entre as mellor cualificadas no marco destas probas en catro especialidades diferentes. No exame da especialidade de Farmacia, Iria Sanjuán Casanova alcanzou a mellor cualificación, igual que Iago Facal Molina na de titulados/as en Física.

Tamén en posicións destacadas, Rebeca Aldaz Martínez obtivo o posto número 3 en Medicina; mentres que Saúl López Soliño ascendeu ao décimo posto na proba de Física. A egresada Helena González Leirado obtivo tamén o décimo posto na proba para titulados/as en Química. No exame realizado a finais do pasado mes de xaneiro en 28 localidades de toda España, segundo datos do Ministerio de Sanidade concorreron un total de 25.504 persoas para un total de 11.607 prazas de formación en sete especialidades (Bioloxía, Enfermaría, Farmacia, Física, Medicina, Psicoloxía e Química).

Ordenada de maior a menor, segundos os datos rexistrados por Sanidade, a taxa de persoas aprobadas foi do 95% en Bioloxía; 92% en Medicina, Enfermaría e Farmacia; 90% en Psicoloxía; e o 85% en Química e Física.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.02.2024.