Pasar al contenido principal
Concurso de edición da Galipedia dirixido a toda a comunidade universitaria co fin de promover a produción e difusión de artigos en lingua galega na Galipedia.
cartel

37 persoas inscritas no  1ª Concurso de Edición da Galipedia, unha iniciativa que pretende crear artigos de calidade en galego.

As comisións de normalización lingüística da Facultade de Matemáticas, da Facultade de Psicoloxía e da Escola Técnica Superior de Enxeñaría promoven esta iniciativa que pretende dar pulo  á produción e á difusión de artigos de calidade contrastada en lingua galega na Galipedia (wikipedia en galego) e fomentar a participación de toda a comunidade universitaria nunha iniciativa de extensión do saber e do coñecemento en lingua galega.

Os obxectivos deste concurso son: promover a produción e a difusión de artigos de calidade contrastada en lingua galega na Galipedia e fomentar a participación da comunidade universitaria nunha iniciativa orientada á promoción da lingua galega e da cultura. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.10.2024.