Pasar al contenido principal

As xornadas de Convivencia e Formación Universitaria buscan potenciar o estudantado como axente activo na comunidade universitaria

Estudantes nun grupo de traballo. Foto: Santi Alvite
Estudantes nun grupo de traballo. Foto: Santi Alvite
Aínda é posible formalizar a inscrición ata este mércores 21. O programa celebrarase os días 5 e 13 de marzo e a asistencia será recoñecida cun crédito ECTS

As Xornadas de Convivencia e Formación Universitaria son unha iniciativa de dinamización estudantil promovida polo Consello do Estudantado para este curso 23/24 cuxo obxectivo será capacitar o estudantado no desenvolvemento de funcións de representación dentro da comunidade universitaria. O prazo para inscribirse estenderase ata o vindeiro mércores 21

O programa das xornadas celebrarase do 5 e 13 de marzo en diversos centros do Campus Sur e inclúe mesas teóricas e competenciais. Nas primeiras abórdanse cuestións sobre política universitaria; xestión de calidade; regulación de avaliación e asistencia; historia da representación e participación estudantil; sectoriais, delegacións e asociacións estudantís; normas de convivencia; ou infraestruturas e espazos. Mentres, nas mesas competencias as persoas que participen nas xornadas recibirán formación sobre xestión económicas; negociación e resolución de conflitos; metodoloxías participativas; organización de proxectos; trámites burocráticos; primeiros auxilios ou obradoiros sobre oratoria ou comunicación, entre outros.

Cartel do curso
Cartel do curso

Inicialmente, a proposta está deseñada para que chegue ao estudantado de todos os centros universitarios, garantindo tres pazas por centro, con prioridade para estudantes de 1º e 2º curso. Neste senso, o Consello do Estudantado sufragará os gastos de transporte a Santiago das persoas que acudan dentro centros do Campus de Lugo. Ademais a participación será recoñecida cun crédito ECTS en recoñecemento da formación recibida.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.02.2024.