Pasar al contenido principal

Dous cursos sobre os programas SAR e Mathcad abren o plan de formación complementaria do Campus Terra 2024

Edificio Cactus de Lugo
Edificio Cactus de Lugo
Os investigadores Mihai Tanese e Ryan Carroll ofrecen desde este martes no edificio Cactus de Lugo un programa sobre aplicación ambientais do Radar de Apertura Sintética (SAR) e o profesor Jorge Carrazana imparte a partir do 4 de marzo en Ciencias un curso sobre programa matemático Mathcad. A inscrición está aberta en liña
Lugo

Un curso sobre o manexo o programa informático (SAR), tal e como se denomina o Radar de Apertura Sintética, e outro sobre as prestación matemáticas de Mathcad abren o  programa de formación complementaria deseñado polo Campus Terra da USC para ampliar coñecementos, competencias e habilidades de alumnado, PDI e axentes do sector produtivo durante o ano 2024.

A primeira acción formativa das propostas comeza este martes nas instalación do edificio Cactus do Campus de Lugo, que acollerán ata o xoves un módulo foramativo coordinado por César Pérez Cruzado e centrado no uso de tecnoloxías emerxentes con aplicacións ambientais como é o Radar de Apertura Sintética (SAR). Os investigadores nas universidades de Alcalá e Göttingen, Mihai Tanese e Ryan Carroll, respectivamente, que son especialistas no manexo desta tecnoloxía de vangarda con moito potencial de aplicación en observación ambiental, serán os encargados de impartir esta actividade formativa, orientada á participación de docentes e investigadores do Campus Terra, así como a calquera outro profesional interesado.

O profesor do Departamento de Química-Física da USC Jorge A. Carrazana García impartirá do 4 ao 13 de marzo na Facultade de Ciencias un curso sobre o programa matemático Mathcad. As sesións formativas nas que se estrutura este curso desenvolveranse en quenda de tarde, de 16.00 a 19.00 horas, nas aulas de informática do centro universitario lugués.

O programa deste curso permitirá ao alumnado participante aprender a explotar as características que converten o programa Mathcad nunha ferramenta de gran utilidade para a ensinanza de materias relacionadas coas matemáticas puras e aplicadas. As distintas sesións teñen una orientación especialmente práctica, o que permitirá ao alumnado familiarizarse co uso e coas aplicacións de Mathcad a través de tarefas realizadas xunto co profesor, que tamén achegará material explicativo e outros recursos que axudan á aprendizaxe deste programa. A inscrición en calquera destas dúas propostas formativas está aberta e xa se pode formalizar a inscrición en liña.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.02.2024.