Pasar al contenido principal

Doce imaxes do XXIX Maratón Fotográfico do Campus ilustran o calendario de Lugo Cultural 2024

Antonio Álvarez entrega un calendario a unha das participantes no XXIX Maratón Fotográfico do Campus
Antonio Álvarez entrega un calendario a unha das participantes no XXIX Maratón Fotográfico do Campus
Antonio Álvarez, Tareixa Ferreiro e Iria Castro presentaron o novo material na clausura da mostra da última edición do certame artístico na Biblioteca Provincial de Lugo

Doce imaxes presentadas ao XXIX Maratón Fotográfico do Campus ilustran o calendario de 2024 de Lugo Cultural, tal e como se coñece o convenio promovido pola USC xunto coa Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Lugo.

O  adxunto á Vicerreitoría de Organización Académica e Campus de Lugo e responsable da área de Cultura da USC na sede universitaria luguesa, Antonio Álvarez; o coordinador do maratón fotográfico do Campus de Lugo, Eduardo Ochoa; a deputada provincial Iria Castro e a concelleira delegada da área de Cultura do Concello de Lugo, Tareixa Ferreiro, presentaron este novo material gráfico na sesión de clausura da mostra do XXIX Maratón Fotográfico na Biblioteca Provincial de Lugo, no marco dunha sesión na que tamén se deron cita familiares do fotógrafo lugués xa finado Carlos Valcárcel, a quen cada edición rende homenaxe este certame.

As fotografías que integran o calendario de Lugo Cultural 2024 son autoría de Santiago Tarrío Goy, Isabel Estévez, Lucía Piñeiro, Rocío Losada Iglesias, Daniel Gómez Magide, Estefanía Díaz Rodríguez, Raquel Carreira Fernández, Rodrigo Díaz López, José Luis Bermúdez Salinas, Nerea Bermúdez Fernández e Cristian Benítez Leiva.

 

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.02.2024.