Pasar al contenido principal

Un obradoiro internacional reflexionará sobre a natureza dos contidos científicos

Un obradoiro internacional reflexionará sobre a natureza dos contidos científicos
Un obradoiro internacional reflexionará sobre a natureza dos contidos científicos

Conferenciantes de universidades de Arxentina, Inglaterra, Italia, Grecia, República Checa e España intervirán a finais desta semana no obradoiro internacional sobre ‘Scientific contents: fictions or abstracs objects?’. Na Sala de Xuntas da Facultade de Filosofía o encontro celebrarase o xoves 26 e o venres 27 organizado polo grupo de investigación Episteme.

Nas dúas xornadas programadas para este encontro proponse unha reflexión arredor da relación entre os contidos científicos e os obxectos abstractos e a ficción, aplicada a diversos eidos do coñecemento. Cuestións como o enfoque estrutural da información, a importancia desta relación na explicación xenética, a natureza da ficció ou a negociación científica atópanse entre os asuntos sobre os que se debaterá na primeira xornada. Xa o venres 27, as intervencións darán paso ao debate sobre a natureza dos modelos científicos, alcance e poder da abstracción na ciencia ou relación entre ficción e denotación.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.01.2017.