Pasar al contenido principal

Vinte e seis graduados da USC recolleron en Santiago o seu premio fin de carreira

Foto: Xunta de Galicia
Foto: Xunta de Galicia

Os 66 mozos e mozas –30 mulleres e 36 homes– que remataron os seus estudos universitarios en 2015 cos mellores expedientes de Galicia recolleron esta mañá na Cidade da Cultura o seu recoñecemento. Deles, 26 pertencen á Universidade de Santiago. Todos recibirán un premio en metálico de 2.500 euros.

O acto de entrega dos Premios Fin de Carreira presidiuno o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a el asistiron ademais os reitores das tres Universidades galegas, Juan Viaño, Julio Abalde e Salustiano Mato; e o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro. En representación dos alumnos interveu Sergio Alejandro Feijóo Moreira, que cursou o Grao en Economía na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo.

2 6 da USC
Da Universidade de Santiago recolleron o premio Felipe Alfonso González de León, de Ciencia Política e da Administración; Cristina Fiaño Rodríguez, de Ciencias da Cultura e Difusión Cultural; Marta Rodríguez Castro, de Comunicación Audiovisual; Xabier Díaz López, de Enxeñaría Civil; Hiram Varela Rodríguez, de Enxeñaría das Industrias Agroalimentarias; Juan Enrique Ríos Rodríguez, de Enxeñaría en Xeomática e Topografía; Aleixo Cambeiro Barreiro, de Enxeñaría Informática; Nicolás Botana Otero, de Enxeñaría Química; Elia Álvarez Coiradas, de Farmacia; Lúa García Sánchez, de Filoloxía Clásica; Pablo Campelo López, de Filosofía; Alejandro Vilar López, de Física; Aida Lojo Bárcena, de Historia da Arte; María Carbajo Lago, de Lingua e Literatura Españolas; Sara Filgueira Lorenzo, de Lingua e Literatura Galegas; Cristina Lastres López, de Lingua e Literatura Inglesas; Tania Vázquez García, de Lingua e Literatura Modernas; Daniel Cao Labora, de Matemáticas; Rebeca Fandiño Gómez, de Odontoloxía; Álvaro García Santos, de Pedagoxía; Ana Rita Sa Leite Dias, de Psicoloxía; Susana Remesar Alonso, de Veterinaria; Alejandro Gómez Pazo, de Xeografía e Ordenación do Territorio; Daniel Viña Teijo, de Xornalismo; Alberto López Traba, de Medicina; e Daniel Carrera Rodríguez, de Enxeñaría Química.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.02.2017.