Pasar al contenido principal

Dereito organiza en marzo a segunda edición das Xornadas sobre Saídas Laborais

O decano da Facultade, Gumersindo Guinarte, e a vicedecana de Calidade e Infraestruturas, Marta Otero, presentaron as xornadas
O decano da Facultade, Gumersindo Guinarte, e a vicedecana de Calidade e Infraestruturas, Marta Otero, presentaron as xornadas
Participarán profesionais dos diversos ámbitos da actividade xurídica

Durante varias semanas de marzo a Facultade de Dereito organizará diversas sesións sobre as saídas laborais do grao e posgrao, no que é a segunda edición dunhas xornadas que esta mañá presentaron o decano da Facultade, Gumersindo Guinarte, e a vicedecana de Calidade e Infraestruturas, Marta Otero. Preténdese así axudar ao alumnado de últimos cursos na difícil decisión de orientar o seu futuro profesional, e son unha mostra da preocupación do centro polo futuro dos seus egresados.

Nesas sesións, profesionais dos diversos corpos da administración pública e da administración de xustiza (inspectores de facenda, notarios, xuíces e fiscais, letrados da Xunta de Galicia, avogados do Estado, diplomáticos) e profesionais do ámbito privado, como avogados en exercicio e asesores xurídicos de empresa, explicarán os sistema de acceso a eses corpos ou campos profesionais, o modo de preparación de oposicións ou de incorporación a un grande bufete de avogados, e falarán do desenvolvemento ordinario da súa actividade profesional.

Igualmente, expertos dunha empresa de selección de persoal explicarán como se confecciona un curriculum ou como se enfronta, con perspectivas de éxito, unha entrevista de traballo. Contarase tamén cunha presentación dos Másteres que se ofertan na Facultade.

As sesións desenvolveranse no Salón de Graos do centro a partir de 2 de marzo todos os xoves ata o día 23. A asistencia é libre e gratuíta, previa inscrición no correo electrónico vicedecana.dereito.calidade [at] usc.es (vicedecana[dot]dereito[dot]calidade[at]usc[dot]es)

A organización das xornadas, que contaron con más de 150 participantes na súa primeira edición, realízase coa colaboración do Vicerreitorado de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC, a Escola Diplomática do MAEC, a Fundación Galicia-Europa, Adecco e Uría Menéndez.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.02.2017.